El Lucero foi un periódico editado en Cospeito entre 1915 e 1920.
Historia e características Periódico católico-agrario de periodicidade mensual, apareceu o 20 de xuño de 1915.El Norte de Galicia, 22-6-1915, p. 3. De tendencia maurista, agraria e anticaciquil, funcionou como órgano das sociedades de agricultores. Estaba dirixido polo concelleiro maurista de Cospeito José Otilio Díaz Verdes. Editábase na Feira do Monte.La Voz de la Verdad, 4-2-1916, p. 2. Fixo campañas pola construción de infraestruturas.La Voz de la Verdad, 28-3-1917, p. 1.La Voz de la Verdad, 9-7-1917, p. 1. O seu director Otilio Díaz foi detido en maio de 1918 nun intento de censura do periódico.La Voz de la Verdad, 28-5-1918, p. 2. En xullo de 1918 o director e propietario era José Gómez Mariño.La Voz de la Verdad, 16-7-1918, p- 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Cospeito Categoría:1915 en Galicia Categoría:Prensa agraria Categoría:Prensa anticaciquil