Spencer Gray Dinwiddie, nado o 6 de abril de 1993 nos Ánxeles (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 26 de xuño de 2014, Dinwiddie foi elixido na 38ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Detroit Pistons. O 21 de xullo, asinou un contrato de tres anos cos Pistons. Durante as súas dúas primeiras tempadas na NBA, foi asignado en varias ocasións ós Grand Rapids Drive, afiliado dos Pistons na NBA Development League.

O 17 de xuño de 2016, Dinwiddie foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Cameron Bairstow. O 7 de xullo foi cortado polos Bulls, pero foi contratado de novo o 28 de xullo. O 21 de outubro de 2016, foi cortado outra vez polos Bulls.

O 6 de agosto de 2021, Dinwiddie foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre tres equipos. Dinwiddie asinou cos Wizards un contrato por tres anos e 54 millóns de dólares.

O 10 de febreiro de 2022, Dinwiddie foi traspasado xunto a Dāvis Bertāns ós Dallas Mavericks, a cambio de Kristaps Porziņģis e unha elección protexida da segunda rolda do Draft de 2022.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers