Santa Maria de Palautordera é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Xeografía O concello atópase na zona leste da comarca do Vallès Oriental, ó pé do macizo do Montseny. Ó sur limita coas cordilleiras montañosas do litoral: o Montnegre e Corredor. O clima é de tipo mediterráneo moderado, con invernos suaves e choivas máximas na primavera e outono.
Historia e Patrimonio A primeira referencia escrita da vila data do 19 de agosto do 863, nunha concesión do rei Carlos o Calvo ós señores feudais da zona. Os edificios máis salientábeis son a casa consistorial, El Pont Trencat (ponte de orixe romana da que apenas se conserva un dos arcos), a ermida do remedio (inaugurada no 1803 e de estilo barroco-neoclásico) e a igrexa de Santa María (rematada ó redor do 1563 e de estilo gótico tardío). O patrimonio ambiental é tamén de gran relevancia. Situada entre dous parques naturais, o concello ten amplos bosques que fan de paso natural entre as dúas reservas.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello
Santa Maria de Palautordera