A O6-alquilguanina ADN alqultransferase II (O6 AGT II), anteriormente chamada O6 guanina transferase (ogt), é unha proteína bacteriana que intervén na reparación do ADN xunto coa proteína Ada (tamén chamada O6 AGT I).

Igual que a AGT I, a AGT II é responsable da eliminación de grupos alquilo da O6-alquilguanina, a O4-alquiltimina e o alquilfosfotriéster no esqueleto de azucre-fosfato do ADN. A AGT II mostra unha gran preferencia pola O4-alquiltimina sobre a O6-alquilguanina e o alquilfosfotriéster.

A diferenza da Ada, a AGT II exprésase constitutivamente (de forma continua) nas células. Por tanto, a AGT II repara os adutos de ADN alquilados mesmo antes de que a expresión da Ada sexa completamente inducida. A AGT II é similar á Ada na súa inactivación suicida porque a AGT II transfire o grupo alquilo a un residuo de cisteína na súa propia estrutura, de maneira que se inactiva a si mesma. O equivalente humano da AGT II é a O6-alquilguanina ADN alquiltransferase, unha proteína que nos humanos está codificada polo xene da O6-metilguanina ADN metiltransferase (MGMT). Nos humanos a O6-alquilguanina ADN alquiltransferase preferencialmente retira os grupos alquilo da O6-alquilguanina en vez de da O6–alquiltimina.

Notas

Categoría:Reparación do ADN