Herolind Xhavit Shala, nado en Porsgrunn o 1 de febreiro de 1992, é un futbolista profesional noruegués-albano-kosovar que xoga como centrocampista co Kasımpaşa cedido polo AC Sparta Praha.

Traxectoria Naceu en Noruega de pais naturais de Kosovo de orixe albanesa. Xogou na liga norueguesa co Notodden e o Odds.

Sparta de Praha O 11 de xaneiro de 2015 Shala firmou co AC Sparta Praha por tres anos e medio.Zyrtare : Shala firmos me Spartën e Pragë aSport.al, 11 de xaneiro de 2015 Deubutou o 23 de febreiro de 2015 nunha vitoria 4-1 contra o Příbram antes que Václav Kadlec o substituíra no minuto 54.Sparta Praha vs.Příbram 4 - 1 soccerway.com

Carreira internacional Competiu con Noruega nas seleccións sub-17 e sub-21.

Albania Por ser descendente de albaneses de Kosovo o 4 de xuño de 2013 recibiu a cidadanía albanesa canda Haxhi Neziraj, Valentin Gjokaj e Amir Rrahmani.Ekskluzive: Agon Mehmeti dhe 4 lojtarë të shpresave marrin shtetësi shqiptare aSport.al, 4 de xuño de 2013

Albania sub-21 miniatura|Shala coa selección de Albania sub-21 Ao convocalo tanto a selección sub-21 norueguesa como a albanesa en maio de 2013 decidiu xogar coa albanesa. O 11 de xullo de 2013 fixo o seu debut coa selección sub-21 albanesa nun encontro contra Bosnia e HerzegovinaBosnia-Herzegovina U21 vs. Albania U21 4 - 1 soccerway.com

Tamén xogou o último partido de cualificación para a Eurocopa sub-21 o 5 de marzo de 2014 contra Austria,Gega shpall listën për ndeshjen e fundit në eliminatore aSport.al, 1 de marzo de 2014 marcou o último gol albanés no minuto 57 nunha vitoria do seu equipo por 1-3.Austria U21 vs. ALbania U21 1 - 3 soccerway.com

Selección absoluta de Albania O seleccionador de Albania Gianni De Biasi convocouno para xogar coa selección absoluta no partido de cualificación da Eurocopa de 2016 contra Portugal o 7 de setembro de 2014.De Biazi flet për ndeshjen me Portugalinë FSHF.org, 30 de agosto de 2014 Non obstante non debutou ata o 14 de novembro de 2014 nun partido amigable contra Francia, saíu ao terreo de xogo no minuto 76 en substitución de Ermir Lenjani.France vs. ALbania 1 - 1 soccerway.com No outro encontro contra Italia tamén como substituto, saíu no minuto 71 en lugar de Amir Abrashi.Italy football team defeated Albania 1:0, 18 November 2014 EU-football.info

Kosovo Recibiu unha invitación de Albert Bunjaki para xogar co equipo de Kosovo,Zbulohen futbollistët që i ka ftuar Kosova infokusi.com, 16 de agosto de 2016 e debutou no partido de cualificación do mundial de 2018 nunha derrota 6-0 contra Croacia o 6 de outubro de 2016.Kosovo 0 - Croacia 6 FIFA.com

Notas

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Xogadores do AC Sparta Praga Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Albania Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Kosovo Categoría:Nados no condado de Vestfold og Telemark Categoría:Xogadores do Odds BK Categoría:Xogadores do FC Slovan Liberec Categoría:Xogadores do Kasımpaşa SK Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega sub-21