Lancia é un fabricante de automóbiles Italiano fundado en 1906 por Vincenzo Lancia como Lancia & C.. Converteuse en parte do Grupo Fiat en 1969; a empresa actual, Lancia Automobiles S.p.A., creouse en 2007. Desde 2021 é unha filial de Stellantis

A compañía ten unha grande historia nos rallyes e caracterízase polo uso de letras do alfabeto grego nos nomes dos seus modelos.

Os vehículos Lancia xa non se venden fóra de Italia, e comprenden só o Ypsilon gama do segmento B, como Fiat CEO Sergio Marchionne anunciouse en xaneiro de 2014.

Historia

+ Lancia produción1998–2013 Ano Coches1998175.2151999161.0192000 170.3482001 134.8122002110.5292003108.9892004118.2012005115.5432006122.9562007118.0362008113.3072009113.810201097.7572011100.007201298.733201371.223

Logo

1907 De 1907 a 1910 os automóbiles Lancia non levaban un logotipo verdadeiro, senón máis ben unha placa de bronce que identificaba o fabricante (Lancia & C.) e o código de chasis. Aínda que algúns modelos tiñan escrito Lancia en letras de bronce na grella.

1911 O logotipo Lancia orixinal foi deseñado polo conde Carlo di Biscaretti Ruffia. En 1910 Vincenzo Lancia pediulle a Biscaretti di Ruffia deseñar un logotipo para a compañía, o Conde presentou seis esbozos en acuarela como proposta. Vincenzo Lancia elixiu un redondo, composto por unha lanza azul e a bandeira coa lenda Lancia ("Lancia" significa "lanza" en italiano) en ouro, sobre un volante de catro radios, o primeiro coche en levar o logo Lancia foi o Gamma 20 HP en 1911.

1929 En 1929 o logotipo adquiriu o seu deseño final. O primeiro en levalo no ano 1929 foi o Dikappa, esta placa utilizouse de forma continua a partir do Aprilia de 1936.

1957 Empezando o ano 1957 co Flaminia, os automóbiles Lancia pasaron de ter unha grella vertical tradicional pasou a unha de ancho completo horizontal. Polo tanto, o logotipo foi movido dentro da grella, e cambiou a un deseño máis estilizado de metal cromado; o escudo e o volante convertéronse en marcos cromados,o único resto do anterior foi a superficie esmaltada é o campo azul da bandeira. Este novo logotipo de metal utilizouse na maioría dos modelos con algunhas excepcións, en concreto nos carrozados por Zagato, os Lancia Fulvias e Flavias, o Lancia 2000 Berlina (que repetiu a grella tradicional en posición vertical e o logo redondo esmaltado) e o Stratos HF (cuxos adornos carecían do escudo triangular).

1974 En 1974, o logotipo foi reaxustado a petición Gianni Agnelli, volveuse a unha versión modernizada, en branco e azul do deseño de 1929. A bandeira e a lanza unificáronse nunha soa forma prescindindo dos detalles, as letras de Lancia convertéronse en todas do mesmo tamaño. Este logotipo debutou en 1979 no Lancia Delta, e abriuse camiño nos outros modelos, xa que adoptaron a grella partida introducida polo Delta. Malia unha lixeira revisión en 2000 coa adición dunha envoltura de cromo do escudo, utilizouse o logotipo de 1974 a través de catro décadas, ata 2006.

2007 O logotipo actual, deseñado por Robilant Associati, foi presentado no 2007 no Geneva Motor Show, un par de meses logo da creación de Lancia Automobiles. Mentres que o escudo tradicional azul enmarcado en cromo azul conservouse e fíxose en tres dimensións, por primeira vez desde 1911 a lanza e a bandeira están ausentes, o volante estilizouse nun círculo cromado, do que dúas espigas converxen cara ao moderno logotipo Lancia no centro.

Familia Lancia Cavalier Giuseppe Lancia (1860 (Cuneo) - 1919 (Bordighera)) foi un empresario italiano e pai de Vincenzo Lancia. Cando tiña dezaseis anos comezou un negocio de comida en Italia. Máis tarde, emigrou a América do Sur e creou unha industria alimentaria na Arxentina. Os seus esforzos e innovacións fixeron que a súa compañía tivera un grande éxito. A súa empresa foi unha das primeiras empresas de alimentos no país e mostrou novos métodos neste sector. Cando fixo unha fortuna regresou a Italia. En 1875 casou con Marianna Orazzi. En 1876, naceu o seu primeiro fillo Giovanni. Amaba á educación, as humanidades e a lingua grega. En 1879 naceu a súa filla Margarita. Por desgraza, morreu en 1894. En 1881 naceu o seu terceiro fillo Vincenzo Lancia. A súa segunda filla naceu en 1884 - Anna Maria posteriormente Anna Maria Giacobinni. A familia Lancia nese momento era importante en Turín. Os membros da familia gustáballes ir á ópera e o teatro. No seu tempo libre. os Lancia pasaban o seu tempo nunha vila preto de Turín.

Vincenzo Lancia naceu o 24 de agosto de 1881 en Fobello cerca Turín. O seu pai quería que Vincenzo fora avogado, pero non tiña moito interese nas ciencias humanas. Reuniuse cos irmáns Battista, e con Giovanni Ceirano e interesouse na ciencia e a tecnoloxía, especialmente nos automóbiles. Viu os seus primeiros coches en Turín e Milán. Un dos seus amigos Carlo Bishareti di Ruffia tiña un Benz e que foi o primeiro automóbil importante na súa vida. Cando se fundou a FIAT en 1899 Vincenzo era moi activo na empresa e máis tarde converteuse nun dos pilotos de probas máis famosos da marca de automóbiles italiana. En 1922, casou coa súa secretaria Adele Miglietti. Vincenzo e Adele tiveron tres fillos Gianni, Eleonora e Maria. Morreu o 15 de febreiro de 1937.

Gianni Lancia naceu o 24 de novembro de 1924 en Turín. Terminou a súa educación coas súas irmás na Universidade Técnica de Pisa. Desde o momento en que era un neno pequeno Gianni amaba os deportes, pero a súa maior paixón era o automobilismo. Isto levouno a converterse nun piloto do equipo Lancia. Gianni converteuse no xefe de Lancia en 1950. Por desgraza, investiu moito diñeiro en custosos prototipos e outras empresas non rendibles que o levaron a vender unha gran parte da empresa a Carlo Pesenti en 1957. Despois comezou un negocio na industria alimenticia. Durante uns anos viviu no Brasil. Tivo dous fillos, Mariele e Vincenzo do seu primeiro matrimonio e tivo un fillo (Lorenzo Lancia) do seu matrimonio con Jacqueline Sassard. thumb | Lancia Beta Torpedo (1909)

Fundación e primeiros anos miniatura|left|Vincenzo Lancia a bordo do Fiat 50 hp na proba de Targa Florio de 1908 Lancia fundouse o 27 de novembro de 1906 en Turín por Vincenzo Lancia e o seu amigo Claudio Fogolin, ambos pilotos de Fiat, como Lancia & C. Fabbrica Automobili cun capital inicial de 100.000 Liras italianas, aportando cada un un 50% do monto inicial.

Vincenzo Lancia estaba entón moi afianzado dentro do ambiente automobilístico, en virtude das exuberantes presentacións deportivas que fixo como piloto de Fiat desde comezos de 1900. Claudio Fogolino en cambio, era menos coñecido e máis discreto como piloto, coñecera a Vincenzo nos seus inicios con Fiat e consideraba que o apelido do seu amigo como nome principal da empresa era máis acertado debido á súa popularidade. Aínda logo de rexistrar a compañía, tanto Vincenzo como Claudio seguiron traballando en Fiat, a fin de asegurar un capital suficiente chegado o momento da produción.

En 1907 a nova compañía alugou o seu primeiro taller, un vello pendello na intersección das rúas Donizetti e Ormea, ocupado ata facía poucos meses por ITALA, outra compañía de automóbiles en Turín.

Produción en serie (1908-1918) miniatura|left|Lancia Alfa 12 HP O primeiro coche fabricado por Lancia foi o "Tipo 51" ou "12 HP" (máis tarde chamado "Alfa"). Tiña un pequeno motor de catro cilindros cunha potencia de saída de 28 CV. Foi presentado polo mesmo Vincenzo Lancia no Salón do Automóbil de Turín. Este coche fixo as súas primeiras probas en setembro de 1907, empezando a súa produción en 1908. Vendéronse máis de cen exemplares, adaptándoo tamén para as carreiras. miniatura|Lancia Beta 15/20 hp En 1909 Lancia lanza o Lancia Beta 15/20hp como substituto do coñecido Alfa 12 hp. Basicamente este modelo foi unha versión modernizada do 12 HP, cunha cilindrada do motor aumentada de 2.5 a 3.1 litros, o que permitiu aumentar a potencia dos 28 hp do anterior modelo aos 34 hp deste. A distancia entre eixes do chasis tamén aumentou dos 282 cm do modelo anterior ata os 293´2 cm, permitindo unha maior comodidade para os pasaxeiros posteriores. Do 15/20 HP fabricáronse 150 unidades antes de ser substituído polo Lancia Gamma 20 hp (tipo 55) de 1910. miniatura|left|Lancia Gamma Corsa

O Lancia Gamma 20hp (Tipo 55, renomeado como Gamma) derivaba en moitos aspectos do modelo anterior, o Lancia Beta 15/20 hp, pero presentaba algúns cambios como a cilindrada do motor, aumentada desde os 3.100 cc do modelo anterior ata os 3.400 cc do Gamma, o que lle permitiu aumentar a potencia ata os 40 hp a 1500 rpm, conseguindo unha velocidade máxima de 110 km/h.

En 1910 os compoñentes de Lancia se exportaron aos Estados Unidos onde foron ensamblados e vendidos como SGV pola SGV Company. alt=|miniatura|Lancia Epsilon En 1911 preséntanse os modelos Lancia Delta 20/30hp (Tipo 56) e o seu substituto o Lancia Epsilon (tipo 58). O Delta foi construído en dúas versións de chasis, con diferentes distancia entre eixes (normal e curto). A cilindrada do motor foi aumentada con respecto ao seu antecesor (o Gamma) ata os 4 084 cc, o que lle permitía alcanzar os 60 hp de potencia máxima a 1 800 rpm e unha velocidade máxima declarada de 115 quilómetros por hora. O Lancia Epsilon fabricouse entre os anos 1911 e 1912. O Epsilon compartía moitas características co seu antecesor, o Lancia Delta 20/30 hp, aínda que presentaba cambios substanciais como unha distancia entre eixes notablemente maior (327 cm), que permitiu unha mellora notable da habitabilidade posterior. O motor e a transmisión pola contra non presentaban cambio algún, manténdose a cilindrada e transmisión. Fabricáronse un total de 350 unidades do epsilon ata finais de 1912, sendo substituído polo Lancia Theta en 1913. miniatura|left|150px|Lancia Theta O Lancia Eta foi un modelo presentado en 1911 que se fabricou en paralelo ao Lancia Epsilon, sendo máis pequeno e estilizado e incorporando novos detalles como as luces eléctricas.

En 1913 Lancia presentaría o seu exitoso Theta (tipo 61) no salón de automóbil de Londres. O Theta contaba cunha versión de chasis alargado, que aumentaba a habitabilidade posterior. O coche incorporaba de serie loces eléctricas e acendido interior do motor, este último de case 5 litros de cilindrada, acompañado dunha transmisión manual de 4 velocidades, alcanzando unha velocidade máxima de 120 km/h. Este modelo fabricaríase durante case 5 anos, todos no marco da primeira guerra mundial, producíndose un total de 1 696 unidades ata 1918.

En 1915, Lancia tamén fabricou o seu primeiro camión, o Jota que se mantivo como unha serie dedicada.

Produción en serie (1919-1931) miniatura|Lancia Lambda En 1919 Lancia lanza ao mercado o Kappa, cun motor 4 cilindros derivado claramente do Theta, pero mellorando a potencia, a cal era de grande alcance para a época (70 HP) e unha velocidade máxima de 120 km/h, pero tamén se caracteriza por presentar polo menos tres innovacións dignas de mención: o motor con culata separada, a panca de cambios situada no centro (entre os dous asentos dianteiros) e o abandono das rodas de madeira, estando dispoñibles de serie as lamias de disco de aceiro.

Aínda co lanzamento do Kappa, o ano 1919 non representou un bo período, diminuíndo a produción en máis dun 20 % con respecto ao ano anterior, con perdas de case 1 millón e medio de Liras. Con todo o Kappa tería vendas en constante aumento superando en 1920 as mil unidades. miniatura|left|Lancia Dilambda