Antonio Taboada Soto, nado o 13 de agosto de 1952 e finado na mesma cidade o 28 de febreiro de 1993, foi un árbitro de fútbol galego.
Traxectoria Afiliado ao colexio galego de árbitros.
Debutou en primeira división masculina o 9 de setembro de 1986, nun partido entre o CA Osasuna e o CE Sabadell. Durante esa tempada disputou 12 partidos, nove deles correspondentes á liga regular e os outros tres ás promocións e play-offs finais. Mantivo ese número de partidos (11, 11, 10) durante as tres seguintes temporadas. Na temporada 1990-91 detectóuselle un cancro co que o seu percorrido deportivo foi máis limitado, con só cinco partidos. En outubro de 1991 dirixiu o seu derradeiro partido, un Rayo Vallecano - Cádiz CF.
Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 1993