Justise Jon Winslow, nado o 26 de marzo de 1996 en Houston, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Raptors 905 da NBA G League.

Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2015, Winslow foi seleccionado na 10ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Miami Heat. O 3 de xullo de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Heat. O 28 de outubro de 2015 fixo o seu debut cos Heat, facendo 5 puntos e 7 rebotes na vitoria por 104-94 contra os Charlotte Hornets.

O 6 de febreiro de 2020, Winslow foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos.

O 8 de agosto de 2021, Winslow asinou un contrato de dous anos cos Los Angeles Clippers.

O 4 de febreiro de 2022, Winslow foi traspasado xunto a Eric Bledsoe e Keon Johnson ós Portland Trail Blazers, a cambio de Norman Powell e Robert Covington.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers