Genoveva del Carmen Machado Hernández, nada en Las Palmas de Gran Canaria o 12 de maio de 1982, é unha cantante española que saltou á fama como concursante da primeira edición de Operación Triunfo, na que foi a primeira expulsada.
Traxectoria Tras o seu paso polo programa en 2001, formou parte do coro que acompañou a Rosa López no Festival de Eurovisión 2002. Formou parte do grupo Fórmula Abierta con tres dos seus compañeiros entre 2002 e 2004. En 2005 comeza a súa carreira en solitario e participa como colaboradora en varios programas de televisión. En 2011 ingresa novamente como concursante na que foi a última edición de Operación Triunfo. Foi a primeira e a última expulsada na historia do programa. Dende 2012, paralelamente á súa carreira, dedícase á formación integral de artistas no centro El Aula.
En outubro de 2016 participou en OT: El Reencuentro xunto aos seus 15 excompañeiros, unha serie de tres documentais e un gran concerto para rememorar os 15 anos da primeira edición do programa.
Discografía Fórmula Abierta Aún hay más (2003) La verdad (2003) Fórmula 04 (2004)
En solitario A golpes de amor (2010)
Notas
Categoría:Cantantes de España Geno Machado Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Nados en 1982