Armilla é unha cidade e concello español da provincia de Granada. Está situada na Vega de Granada, a 4 km do centro da capital provincial. Limita cos concellos de Granada, Ogíjares, Alhendín e Churriana de la Vega.
Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 25.405 habitantes. O crecemento demográfico e desenvolvemento urbanístico foi moi importante nas últimas décadas do século XX e primeiros anos do XXI.
A súa economía baseouse tradicionalmente na agricultura con cultivos como o tabaco, aínda que nos últimos anos a actividade económica diversificouse coa construción no concello do Nevada Shopping, o Parque Tecnolóxico da Saúde, o Instituto en Formación de Nutrición Animal, a Cidade Deportiva ou o parque comercial Albán.
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial
Categoría:Concellos da provincia de Granada