Agripa II, nado en 27 e finado en 100, chamado orixinalmente Marco Xulio Agripa (en latín Marcus Iulius Agrippa) foi un antigo gobernante de Xudea durante a época do dominio romano. miniatura|Moeda romana de bronce de Herodes Agripa II. Traxectoria Bisneto de Herodes o Grande, e fillo de Herodes Agripa I que fora rei de Xudea até a súa morte no 44 (mencionada no Novo TestamentoFeitos dos Apóstolos, 12) Agripa II criouse na corte do emperador Claudio, pero debido a que tiña só dezasete anos cando morreu o seu pai, non lle deron o reino que este tiña. Máis tarde, cando morreu o seu tío, o rei Herodes de Calcis, déronlle o seu principadoAgrippa II na jewishencyclopedia.. O rei Herodes de Calcis casou coa irmá de Agripa II, Berenice. Máis tarde Claudio deulle a Agripa II a responsabilidade de nomear ao sumo sacerdote dos xudeus, e cambiou Calcis por algúns principados na Palestina do norte. Agripa II tamén recibiu o título de rei.

Para os lectores do Novo Testamento este rei é máis coñecido polo seu encontro con PauloFeitos 25.13-26.32, a quen recoñeceu estar a piques de facelo cristián, de non ser polas presións políticas e familiares.

En escavacións recentes nos cimentos do Muro das Lamentacións atopáronse moedas acuñadas por Agripa II. Os arqueólogos Ronni Reich e Eli Shukrun conclúen que o muro foi construído por Agripa II, non polo seu avó Herodes o Grande como se cría até o momento.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Finados en 100 Categoría:Nados en 27 Categoría:Monarcas Categoría:Xudea (provincia romana)