miniatura|250px|O mar tamén é casado,o mar tamén ten muller,é casadiño coa area,dálle bicos cando quer.

A espicha do catalán/ non dá proveito a ninguén;/ mandei a muller á espicha/ i espicháronma tamén Xaquín Lorenzo Fernández, 212. A espicha consiste en colocar as sardiñas nas espichas para as afumar ou secar; a salga das sardiñas en Galicia estivo durante moito tempo nas mans dos cataláns.. A galiña pon o ovo/ pra o proveito da muller:/ o home vai pra o monte/ ¡come broa si a quer!. A mazán do alcipreste/ non é verde, qu’é madura;/ a muller que coma dela/ non morre de paridura.Crese que a mazá do alcipreste (a piña) provoca a esterlidade na muller que a coma (Antón Fraguas: La Galicia insólita. Tradiciones gallegas, Ed. do Castro 1990, 22). A miña muller é vella,/ de vella caeulle o coiro,/ hei de facer un pandeiro/ para correr o Antroido. A miña muller é vella,/ de vella non pode andar;/ heina de pór de cancela/ á entrada do lugar Xaquín Lorenzo Fernández, 37.. A miña muller é vella,/ de vella non pode andar;/ heina de pór de espantallo/ á saída do lugar . A miña muller é vella,/ de vella rompeulle o coiro;/ hemos faguer un pandeiro/ para corre-lo entroido Xaquín Lorenzo Fernández, 37. No orixinal: correlo.. A miña muller é vella,/ heina de mandar matar/ e poñela de cancela/ na entrada do lugar. A miña muller é vella,/ máis vella que Belcebú;/ tiña seis libras de la/ onda a regaña do cu Xaquín Lorenzo Fernández, 37. No orixinal: lá, cú.. A miña muller, Farruco,/ éche unha cumprimenteira:/ bebeu un xarro de viño,/ comeu unha bola enteira Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No orixinal: éch’unha.. A miña muller, Farruco,/ éche unha cumprimenteira:/ co rabo dunha sardiña/ comeu unha bola enteira Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No orixinal: inteira.. A miña muller morreu/ enterreina tras do forno,/ pasei onte por alí,/ inda me choscou un ollo Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No orixinal: choscóu.. A miña muller morreume,/ por ela non hei chorar;/ chorarei polo diñeiro/ que o crego me ha de levar. A muller ía no prado/ a vaca facía o xantar,/ a cadela varre a casa/ e a vasoira vai lavar. A muller que é casadeira/ que a vida con tino leve,/ pois muller que moito loce/ ó cabo ninguén a quere Xaquín Lorenzo Fernández, 39. No orixinal: ninguiéna.. A muller que ha de ser boa/ ha de ter o cu de pau,/ a barriga de cortiza/ i o nariz de bacallau Xaquín Lorenzo Fernández, 39. No orixinal: cú.. A muller que ha de ser miña/ ha de te-lo cu de pau,/ a barriga de cortizo/ e os peitos de bacallau Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No texto: tel-o, cú.. A muller que ha de ser miña/ ha de ter o cu de pan,/ a barriga de cortizo/ i o nariz de bacallau É posible un erro na recollida da cantiga de pan por pau.. A muller que ten dous homes/ non é tonta, que é entendida;/ cando se apaga unha vela/ a outra queda encendida. A muller traballadora/ e que tamén é calada,/ non sabe o home que a leva/ que boa sorte lle agarda Xaquín Lorenzo Fernández, 39.. A perdiz anda no monte,/ herba seca non a come./ A muller que non ten fillos/ logo acaba co seu home Fermín Bouza Brey 1929, 196. No orixinal: perdíz, non-a.. Agora que foi e foi,/ nena, non teñas pesares,/ agora que foi e foi/ Dios cho ha de remediare Xosé Ramón Fernández-Oxea:220.. Agora que foi e foi,/ niña non teñas pesar;/ agora que foi e foi/ Diolo ha de remediar Saudade nº 4, xullo 1943, 28). No orixinal: Diol-o.. Agora que a puxeches/ coa barriga redonda,/ ou has de casar con ela/ ou haslle de volve-la honra. Ai da muller que se perde/ deixándose ir da levada!/ Nunca arde a leña verde/ mais aparece queimada! Xaquín Lorenzo Fernández, 32.. Anque os vexas reventados/ dos homes non fagas caso,/ que despois, desque se casan,/ por ti non dan nin un paso Xaquín Lorenzo Fernández, 40.. Arriba, pandeiro roto,/ abaixo, manta mollada,/ a muller de ruín home/ xempre anda mal amañada Xaquín Lorenzo Fernández, 45.. Arriba, pandeiro roto,/ abaixo, manta mollada,/ onde estamos as mulleres/ os homes non valen nada . As esfolladas de noite/ non dan porveito a ninguén;/ mandei a muller a unha/ i esfolláronma tamén Xaquín Lorenzo Fernández, 47. A esfollada era a xuntanza para arrincar as follas da mazaroca do millo antes de almacenalas no piorno.. As esfolladas do millo/ non dan porveito a ninguén;/ miña muller foi a ela/ i esfolláronma tamén Xaquín Lorenzo Fernández, 212.. As mociñas que hai agora/ xa che son unhas laretas;/ por unha cunca de papas/ déixanche apalpa-las tetas. As morenas todas teñen/ moi negriño o curazón,/ por eso elas dos homes/ non poden ter compasión Xaquín Lorenzo Fernández, 49.. As mozas de Vilacova,/ non son unha que son todas,/ poñen tres pares de medias/ para ter as pernas gordas Fermín Bouza Brey 1929, 170. No orixinal: Vilacoba. Recollido en Cambados, pero no Nomenclátor non hai tal Vilacova na Arousa. ¿El será erro por Vilanova?. As mulleres cando paren/ acórdanse de san Ramón/ pero non se acordan do santo/ cando están na función. As mulleres e o reloxo/ teñen certo parecido;/ en chegando a variar/ todo o traballo é perdido. As mulleres i o reló/ ten un certo parecido:/ en chegando a varear/ todo traballo é perdido . As mulleres son tan meigas/ que dende que están casadas/ danlle ao home o caldo todo/ i elas comen as talladas Xaquín Lorenzo Fernández, 49. No orixinal: dánlle.. Calai, que eí ven os mozos,/ que non nos sintan falar,/ que din que nós as mulleres/ so sabemos barallar Xaquín Lorenzo Fernández, 54. No orixinal: ehí, dín, nólas, so.. Canta cuco, canta cuco,/ na rabela do arado;/ as mulleres antre os homes/ é un gando mal gardado Xaquín Lorenzo Fernández, 216.. Canta rula, canta rula,/ por riba daquil valado;/ as mulleres antre os homes/ é un gado mal gardado Xaquín Lorenzo Fernández, 58. No orixinal: de aquil, balado.. Cantas penas, cantas penas/ pasa unha muller casada;/ non come por darllo ó home/ i aínda esí é maltratada Xaquín Lorenzo Fernández, 58.. Casadiña de onte á noite/ déronme a comer ameixas,/ o meu marido vai fóra/ non teño a quen dar as queixas Fermín Bouza Brey 1929, 198. No orixinal: â noite, fora.. Casadiña de tres días/ non se cansa de chorar/ pola vida de solteira/ que non ha de recobrar Xaquín Lorenzo Fernández, 60.. Casaime, meu pai, casaime./ Miña filla, non tes roupa./ Casaime, meu pai, casaime,/ que unha perna tapa a outra Saudade nº 4, xullo 1943, 27. No orixinal: qu’unha.. Caséicheme por un ano/ por saber que vida era,/ o ano vaise acabar,/ solteira quen che me dera ’' Álvaro das Casas, Nós 95, 15.11.1931, 216.. Caseime, miña naiciña,/ e caseime en mala hora;/ paso fame e mais traballo/ i aínda o home fai mofa Xaquín Lorenzo Fernández, 60. No orixinal: e máis.. Chamácheme trobisqueira,/ herba que o gando non come./ Vale máis ser trobisqueira/ que muller de ruín home Fermín Bouza Brey 1929, 199. No orixinañ: trovisqueira, mais.. Coida meu pai que me ten/ debaixo do pé dereito./ Fanlle a cama no sobrado:/ non sabe cando me deito Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: Còida meu pai que me tèn/ debaijo d'o pe dereito./ Fanll'a cama n'o sobrado:/non sabe cando me deito.. Como che pille no prado/ como che pillei máis veces/ heiche de meter no corpo/ herba para nove meses Fermín Bouza Brey 1929, 196. No orixinal: mais, eiche.. Costureiriña bonita,/ que ó palacio vai coser,/ no medio do corredor/ hanche de dar que facer Fermín Bouza Brey 1929, 196. No orixinal: ô Palacio.. De solteiriños os mozos/ todos son garatuxeiros/ e dende que están casados/ fan das mulleres pandeiros Xaquín Lorenzo Fernández, 69.. De solteiros os mozos/ todos son garatuxeiros/ e dende que están casados/ fan das mulleres pandeiros. Dime, casadiña nova,/ como che vai de casada?/ Como á criada que serve/ e lle non pagan soldada Xaquín Lorenzo Fernández, 70.. Dinme que non teño rentas/ para mante-la muller;/ teño un salgueiro na horta,/ roi nel canto quixer. Dios che me dea paciencia/ con esta miña muller/ que non fai o que eu lle mando/ e que fai o que ela quer Fermín Bouza Brey 1929, 198.. Disme ti que non tes cruz/ pra rezares o rosario;/ cásate, pois, queridiña,/ que has de ter cruz e calvario. En palabras de canteiros,/ Rapazas, non vos fiedes;/ Collen os picos e marchan,/ E despois ¿qué lles faredes? Diccionario da Real Academia Galega 1913.. Esta noite fun labrar/ e rompeume o aradoiro,/ fuxeume a muller da cama/ e fun atrás dela en coiro Fermín Bouza Brey 1929, 196. No orixinal: de ela.. Estate quedo, meliciano,/ non me rómpa-lo refaixo,/ si queres que rompa logo/ bótalle a man por debaixo Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No orixinal: Státe, rompal-o, bótall’a.. Eu ben vin esta-lo cuco/ na rabela do arado;/ as mulleres entre os homes/ son gando mal reparado. Eu caseime con un vello/ ¡non sei que estaba pensando!/ todo o día funga, funga,/ todo o día anda fungando Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No orixinal: qu’estaba.. Eu teño sete camisas/ que me deron sete tolas,/ todas son amigas miñas/ eu son amigo de todas Fermín Bouza Brey 1929, 195.. Fanse moi homildosiños/ os homes pra pretender/ e despois, desque se casan,/ fan a mofa da muller Xaquín Lorenzo Fernández, 84.. Garatuxas fan os homes/ cando andan a pretender;/ raio parta a toda a casta,/ leve o demo o seu querer Xaquín Lorenzo Fernández, 86.. Máis quero ser solteiriña/ que muller de home baldío;/ máis quero probe con honra/ que sen honra un home rico Xaquín Lorenzo Fernández, 91. No texto: valdío.. Mariñeiro quero, madre,/ mariñeiro me han de dar,/ se non me dan mariñeiro/ solteiriña hei de quedar Fermín Bouza Brey 1929, 167.. Meu señor San Andresiño/ que estás na alta montaña,/ este ano vin, solteira,/ pro o que vén virei casada Vicente Risco: "Cultura espritual", 405.. Miña comadre é unha ladra,/ non vin muller coma ela;/ os ósos dállos ó home/ a polpa cómea ela. Miña sogra morreu onte,/ deixoume o caldo na ola./ ¡Vamos comendo e roendo/ quen se morreu que se morra! . Miña sogra querme mal/ porque lle falo co fillo,/ heille de mandar dicir/ que o garde no bolsillo Álvaro das Casas, Nós 95, 15.11.1931, 215. No texto: héille, decir.. Miña Virxe dos Milagros,/ os milagros vanse vendo,/ ás rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo Fermín Bouza Brey 1929, 189. No texto: âs rapaciñas. Bouza Brey di que o santuario dos Milagres sitúase no concello de Cuntis, pero ten que referirise á virxe dos Milagres da Amil, Moraña, concello lindeiro con aquel.. Na casa do probe reñen/ e todos teñen razón;/ as mulleres pola saia/ e os homes polo calzón. Namoreime dun casado,/ pensei e volvín en min,/ quen á súa muller deixa/ millor me deixará a min Xaquín Lorenzo Fernández, 107. No orixinal: de un.. Ninguién se fíe dos homes/ nin de todo o seu afán,/ que teñen o mel na boca/ e no peito o solimán Xaquín Lorenzo Fernández, 107. O solimán, ou sublimado, é a substancia que resulta da combinación de cloro e mercurio, moi velenosa e empregada en medicina como desinfectante.. Non busques muller na feira/ e menos na romaría;/ busca as rapazas na casa/ vestidas de cada día. Non me toques na barriga/ que me doi que me atormenta,/ un pouquiño máis abaixo/ na caixa da ferramenta Fermín Bouza Brey 1929, 194. No orixinal: mais.. Non poña-lo pé no meu,/ nin a mau na miña saia,/ que anque son moza solteira,/ espero de ser casada Marcial Valladares Núñez. No orixinal: Non poña-l-o pè n'o meu,/ nin a mau n'a miña saya,/ qu'anque son moza solteira,/ espèro de ser casada. Non son bonita que espante/ nin fea que poña medo;/ moreniña como son,/ esí me quer o meu Pedro. Non te chegues tanto a ela;/ éche unha muller casada,/ ten o marido na terra. Nunca vin ponte sin río/ nin muíño sin rodicio,/ nunca vin moza bonita/ que tivese moito xuicio. O donaire dunha nena/ inda non cho saben todos;/ o donaire dunha nena/ vaiche no mirar dos ollos. O home, cando pretende/ faise doce e garimoso;/ non fagas caso, meniña,/ sonche as mañas do raposo Xaquín Lorenzo Fernández, 117..