Alfredo Llana Díaz, nado en Oviedo o 22 de maio de 1922, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria Debutou en Primeira División na 1946–47 no Deportivo da Coruña, da man do adestrador Hilario Marrero. Nesa campaña non foi un habitual do cadro adestrado en primeiro lugar polo preparador canario e logo por Francisco Graña, participando en 5 encontros e coñecendo tan só nun a vitoria. Ese ano o equipo coruñés descendeu a Segunda División.

Na tempada 1947–48 gozou de continuidade no equipo adestrado por Luis Urquiri. Foi un habitual da defensa, xunto co vigués Antonio García, Manuel Alepuz e o coruñés Pedrito. Llana participou en 17 encontros. Nesta campaña o equipo coruñés logrou o ascenso a Primeira División, tras quedar segundo clasificado na liga detrás do Real Valladolid.

Na tempada 1952–53 xogou no Real Avilés, en Segunda División.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1922 Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Avilés CF