Antón Estévez Cao, nado en Ourense, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Colaborou en Eco de Galicia, na terceira etapa de O Tio Marcos d'a Portela e El Tea, do que foi correspondente en Ourense. Publicou poemas en La Raza, El Emigrado, Nuevo Támega, Hebe, La Voz del Agro e Faro Villalbés, e poemas e contos en Las Riberas del Eo. Tamén publicou algún artigo na páxina Galicia agrícola y ganadera de La Voz de Galicia. En 1919 anunciouse a próxima publicación dun poemario co título Perfumes d'a miña chola,El Tea, 3-9-1919, p. 2. que non chegou a ver a luz. En 1921 publicou o poemario D'a terra,Diario de Pontevedra, 2-2-1921, p. 2. e en 1928 tiña previsto a edición dun libro de poemas co título Cantos do vento.El Pueblo Gallego, 22-8-1928, p. 6.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Colaboracións de Antonio Estévez Cao na prensa

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en ano descoñecido