Catro Ventos Editora é unha editorial con sede en Vigo que xorde en 2016 co obxectivo de traducir obras relacionadas coa economía social e solidaria, a ecoloxía, o decrecemento, o consumo responsable, a soberanía alimentaria, os dereitos humanos en xeral e a pedagoxía e crianza respectuosas.

Trátase dunha sociedade cooperativa sen ánimo de lucro centrada na publicación en galego de traducións e obras de creación propia.

Traxectoria A idea dese proceso editorial xurdiu en 2015 e materializouse en xuño de 2016. Fixo a súa presentación oficial o 11 de outubro dese mesmo ano, coincidindo co lanzamento do seu primeiro título Transición ecolóxica. Catro Ventos Editora é socia de REAS Galicia (desde a súa constitución) e de EspazoCoop (desde 2017).

Publicacións Transición ecolóxica, obra de Aurore Lalucq, Philippe Frémeaux e Wojtek Kalinowski. Tradución do francés de Miguel Braña. A ruta dos refuxiados, de Unai Beroiz, Felipe Carnotto, Adrián Irago, Cristian López e Juan Teixeira. Demain (Mañá) – DVD (documental publicado en España por Karma Films para o cal a editorial se encargou da tradución dos subtítulos en galego) Limpeza creativa, obra de Elisa Nicoli. Tradución do italiano de María Mediero. Biodiversidade: cara a unha sexta extinción masiva, obra de Raphael Billé, Philippe Cury, Michel Loreau, Virginie Maris e Sylvestre Huet. Prólogo á edición galega de Xosé Veiras. Tradución do francés de Miguel Braña. Xuízo aos humanos, obra de José Antonio Jáuregui e Eduardo Jáuregui. Tradución do español de Miguel Braña. Así é a ditadura, tradución da obra de Equipo Plantel (texto) e Mikel Casal (ilustracións). Tradución do español de María Mediero. A froita do coñecemento de Liv Strömquist

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Entrevista en Galicia Confidencial. Entrevista en Biosbardia .

Categoría:Editoriais de Vigo Categoría:Vigo sen imaxes