O benaventurado Inocencio XI (en latín Innocentius XI, en italiano Innocenzo XI), nado co nome de Benedetto Odescalchi en Como (Lombardía) o 16 de maio de 1611 e finado en Roma o 21 de agosto de 1689, foi un relixioso italiano, papa do 21 de setembro de 1676 áta súa morte.
Traxectoria No aspecto político, Inocencio XI esfórzase axiña por reconciliar Francia e o Sacro Imperio Xermánico, co fin de realizar a unión da Cristiandade contra o protestantismo por unha banda, a ameaza otomá da outra.
No aspecto relixioso, Inocencio XI é confrontado ao quietismo, movemento espiritual que fomenta a pasividade da alma cara a Deus, cuxo máis ardente defensor é o español Miguel de Molinos, autor dunha Guía espiritual (1675).
Categoría:Papas Categoría:Beatos do catolicismo Categoría:Nados en 1611 Categoría:Finados en 1689 Categoría:Nados na provincia de Como