A igrexa de Sant Quirze de Pedret está situada no termo de Cercs, na comarca catalá do Berguedà.
Historia A igrexa é unha mostra salientable da arquitectura prerrománica. Está composta por tres naves. A nave central é a máis alta e antiga (século IX) sendo coroada por unha ábsida trapezoidal. As naves laterais corresponden a unha ampliación do século X, rematando en dúas absidiolas. Como o edificio aséntase sobre unha pendente, a nave norte queda a un nivel superior e comunícase coa central a través de dúas aberturas con arco de ferradura.
En 1959 o bispado de Solsona cedeulla ó concello de Berga para o seu coidado. Entre os anos 1959 e 1964 foi restaurada baixo a dirección do arquitecto Camil Pallàs. Posteriormente no 1989 levouse a cabo outra restauración encabezada polo arquitecto Antoni González. Desta volta tamén se fixeron traballos de arqueoloxía e de investigación histórica. O cal permitiu respectar a aparencia orixinal do século X. Pinturas Na igrexa atopáronse pinturas dun gran valor artístico e histórico. Datan posiblemente de finais do século XI. As da nave norte mostran os martirios dos santos da igrexa: sant Quirze e Santa Julita, un fragmento que representa o sacrificio de Isaac e unha representación de bustos de diversos santos. A absidiola sur mostra pinturas tamén románicas do século XI. Nelas mostrase a virxe entronizada co neno Xesús e unha representación da parábola das virxes prudentes e das virxes necias. miniatura|left|Pinturas da absidiola sur
Ademais tamén existen motivos vexetais e cortinas coma decoración. Estas pinturas foron arrincadas no 1922 e consérvanse no MNAC e no museo diocesano e comarcal de solsona. No 1995 Emili Julià fixo unhas reproducións dos orixinais na propia igrexa. miniatura|left|Pinturas da ábsida central
Porén as pinturas máis importantes son as da ábsida central, prerrománicas do século X. Unha delas mostra unha cruz radial e dentro dela un cabaleiro con lanza e estandarte. Este cabaleiro é rodeado por un can, unha pequena cruz, unha figura humana e dous paxaros. Fóra da cruz móstrase unha figura humana e o outro lado outra figura axeonllada cun bastón e unha fogueira diante. Está última figura ten sido identificada coma o demo. Noutro extremo da ábsida existe outra pintura representando un home orante con barba e cos brazos estendidos dentro dun círculo decorado con motivos zigzagueantes. A composición é coroada por un paxaro que se ten identificado cunha aguia ou un pavo.
Categoría:Igrexas románicas de Cataluña Categoría:Igrexas prerrománicas de Cataluña Categoría:Igrexas católicas de España