David Fuentes Álvarez, coñecido como Velasco, nado na Veiga de Valcarce en 1919 e finado en Valboa o 17 de abril de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria Militante socialista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte e foi xefe dun grupo de sete homes do que formaron parte Francisco Fernández Gómez, Manuel Fernández Aira, Antonio Fernández Crespo, os irmáns Gerardo e Pedro Lamas Cerezales, e Jesús Aira, que actuaron nos montes de Valboa e O Cebreiro. Uniuse a el o cenetista antigo combatente en Asturias Abelardo Gutiérrez Alba. A súa partida tendeulle unha celada a unha columna mixta de gardas civís e soldados na contorna de Pedrafita do Cebreiro, co resultado de tres soldados feridos e un garda morto.Fernández (2002), p. 24
Atribúenlle varios ataques nas aldeas de Castelo de Frades e Cereixedo (Cervantes) en 1940. Supostamente este grupo atacou varios vehículos militares e autobuses de liña regular e o 4 de maio de 1940 executou tres xuíces de Valboa e un dos seus pais, en represalia pola morte do seu amigo Francisco Quiroga. En represalia polas súas accións, o seu pai e unha irmá de súa nai foron deportados polas autoridades. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Valverde (Valboa) o 17 de abril de 1941, con Manuel Mauriz Álvarez; o seu cadáver foi arrastrado por un cabalo desbocado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Os Fuxidos (I)
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados na Veiga de Valcarce Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1941