miniatura|260px|Brasón dos Hauteville Costanza de Sicilia, tamén coñecida como Costanza de Hauteville, nada en 1082 e finada despois de 1135, foi unha nobre normanda que foi raíña consorte de Conrado de Italia, Rei de romanos.

Era filla do Gran Conde de Sicilia Roxelio I e de Eremburga de Mortain, e irmá de Malxerio de Hateteville, conde de Troina, e media irmá máis vella, por parte do pai, do rei Roxelio II de Sicilia.

Traxectoria

Matrimonio En 1095, Costanza casou con Conrado de Italia, fillo e herdeiro do emperador Henrique IV e da súa primeira esposa Berta de Savoia. O matrimonio foi promovido polo papa Urbano II que, nese tempo, buscaba unha alianza co conde de Sicilia. Esta unión non tivo fillos.

O seu marido foi rei corexente de Alemaña de 1087 a 1098 e rei corexente de Italia de 1093 a 1098. No conflito entre Herique IV e Urbano II, Conrado aliouse c o papa en contra do seu propio pai. Pouco despois do Concilio de Piacenza, Conrado xurou lealdade a Urbano II en Caemona e serviu como palafreneiro pontificio, guiando o cabalo do papa como signo de humildade.

Deposición En abril de 1098, despois de tres anos de conflitos co seu fillo, Henrique IV reaccionou retractándose das súas posicións diante do Parlamento imperial, o Reichstag ou Dieta Imperal, en Maguncia, depoñendo a Conrado e designando ao seu fillo máis novo Henrique V como o seu sucesor.

Despois da súa deposición, Conrado II xa non tiña case ningunha influencia na política italiana. O seu máis importante aliado, Urbano II, morreu o 29 de xullo de 1099 e, con el, desapareceu a esperanza da súa restauración.

Conrado faleceu o 27 de xullo de 1101. Costanza nunca volveu casar, e pasou os anos seguintes, até a súa morte despois de 1135, en relativa escuridade.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Sacro Imperio Romano Casa de Hauteville Roxelio I de Sicilia

Ligazóns externas Xenealoxía da casa de Hauteville . Consultada o 12 de novcembro de 2016.

Categoría:Casa de Hauteville Categoría:Normandos Categoría:Reino de Sicilia Categoría:Nados en 1082