Iñaki Gerenabarrena Martínez de Lahidalga, nado en Vitoria en 1962, é un político do Partido Nacionalista Vasco. Foi parlamentario vasco entre 1995 e 2008. Empezou a súa actividade política en EGI, as mocidades de Partido Nacionalista Vasco.

É Enxeñeiro Técnico Forestal de profesión e foi Conselleiro de Agricultura e Pesca. Foi presidente do Araba Buru Batzar (ABB), executiva do PNV en Áraba. Dende 2008, é Vice Presidente da Caixa Vital - Vital Kutxa, a Caixa de Aforros do territorio, sendo o seu Presidente en funcións durante un mes tras a dimisión de Gregorio Rojo.

Conselleiro do Goberno Vasco Juan José Ibarretxe elixiu a Gerenabarrena a comezos de xaneiro de 1999 como conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación no seu primeiro gabinete como lehendakari do Goberno Vasco. Na súa xura do cargo marcou como prioridades da súa xestión a negociación da Axenda 2000, que ía definir o modelo das axudas europeas á agricultura entre 2000 e 2006; e unha aposta polo desenvolvemento sustentable do campo. O seu primeiro acto oficial como conselleiro foi ao día seguinte e consistiu nunha visita á confraría de pescadores de Pasaia para reunirse cos familiares dos tripulantes do pesqueiro Marero, desaparecido en mar a fóra, aos que prometeu axudas económica e un cambio legal que permitiría a redución do prazo legal necesario para determinar o falecemento de desaparecidos en mar a fóra.

Notas

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Políticos do PNV Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Conselleiros do Goberno Vasco