Ziriako Iturri Urzelaga foi un histórico político nacionalista vasco do PNV. Anteriormente fora capitán do exército carlista.

Cando Sabino Arana o 14 de xullo de 1894 funda a sociedade "Euskeldun Batzokija", na rúa Correo, 22 de Bilbao, iniciándose así a organización do Partido Nacionalista Vasco, na cerimonia de apertura do centro, Ziriako Iturri, por ser o socio de máis idade, iza ás seis da tarde por primeira vez a bandeira nacional vasca, a "Ikurriña".

A ikurriña, deseñada polos irmáns Arana, foi pensada nun principio para que fose a bandeira da Biscaia independente, logo, dada a súa difusión, asociouse con toda a rexión.

Dita sociedade foi clausurada por orde gubernativa e os seus membros encarcerados pouco despois, resultando posteriormente absoltos. A sociedade volveu reabrirse, pero tras un novo peche foi disolta, aínda que posteriormente a súa estrutura repetiríase na organización municipal do partido.

Véxase tamén Ligazóns externas Ziriako Iturri Urzelaga.

Categoría:Políticos do PNV Categoría:Políticos do País Vasco