Jesus Mari Larrazabal Antia, nado en Zumaia, provincia de Guipúscoa, en 1948 e finado o 29 de xuño de 2021,In memoriam: Jesus Mari Larrazabal Antia foi un filósofo e político vasco de ideoloxía abertzale.
Era doutor en Filosofía, cun máster de Lóxica e licenciado en Ciencias Económicas e é catedrático de lóxica da Universidade do País Vasco.
Foi parlamentario por Eusko Alkartasuna desde abril de 2009 até xuño de 2010, sendo voceiro na Xunta de Voceiros, vogal nas comisións de Institucións, Interior e Xustiza; Industria, Innovación, Comercio e Turismo; Medio Ambiente, Planificación Territorial, Agricultura e Pesca; Incompatibilidades; Control de Gastos Reservados e Vicepresidente da de Educación.
Dimitiu do seu cargo como parlamentario en xuño de 2010 por problemas de saúde, ao serlle diagnosticada unha doenza cardíaca pola que se lle recomendaba gardar repouso.
Foi membro de Amnistía Internacional e de Intermon Oxfam.
Notas
Categoría:Nados en Zumaia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Políticos de Eusko Alkartasuna Categoría:Políticos do País Vasco