O Estatuto de Autonomía de Cataluña (en catalán: Estatut d'Autonomia de Catalunya), tamén coñecido como Estatut de Sau, foi unha lei orgánica promulgada o 18 de decembro de 1979 que outorgaba a Cataluña un réxime de autonomía. Converteuse na norma institucional básica de Cataluña de acordo co establecido no título oitavo da Constitución española de 1978. Definía os dereitos e deberes da cidadanía de Cataluña, as institucións políticas da nacionalidade catalá, as súas competencias e relacións co Estado e o financiamento da Generalitat de Cataluña. Foi publicado no Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya o 31 de decembro de 1979.
As institucións políticas definidas no Estatut integran a Generalitat de Cataluña.
O 18 de xuño de 2006 a cidadanía catalá aprobou en referendo, despois dun largo e polémico proceso de redacción, o novo Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006 que actualmente, substitúe ao Estatut de 1979 como norma institucional básica de Cataluña.
Historia A primeira campaña a prol do estatuto de autonomía data de 1918, impulsada pola Mancomunidade de Cataluña co Proxecto de Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1919.
Pero non é ata que nas primeiras eleccións democráticas a Cortes dende 1636, o 15 de xuño de 1977, Cataluña deu a maioría ás forzas políticas que defendían o restablecemento da Generalitat e da autonomía, disoltas en xaneiro de 1939 por unha lei do Estado español.
A diada do Once de setembro daquel mesmo ano, centos de miles de cataláns manifestáronse no mesmo sentido na cidade de Sant Boi de Llobregat baixo o lema Llibertat, amnistia, Estatut d'Autonomia (Liberdade, amnistía, Estatuto de Autonomía).
Estes factores forzaron ao Goberno español presidido por Adolfo Suárez ao restablecemento da Generalitat provisional o 29 de setembro de 1977 e a permitir o retorno do exilio do presidente Josep Tarradellas, o seu nomeamento "formal" como President e a constitución dun goberno provisional para preparar o estatuto e as posteriores eleccións de 1980.
O 18 de decembro de 1979, o rei Xoán Carlos I sancionou, como lei orgánica do Estado, o Estatuto de Autonomía de Cataluña (Lei Orgánica 4/1979, de 18 de decembro, publicada no Boletín Oficial del Estado de 22 de decembro de 1979 e no Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya o 31 de decembro do mesmo ano).
O Estatut thumb|right|Parlamento de Cataluña, situado no Parc de la Ciutadella, en Barcelona. thumb|Monumento en homenaxe ao Estatut de Sau diante do Parador de Turismo de Vic-Sau. O Estatuto de Autonomía recoñece a Cataluña como unha nacionalidade que exerce o seu autogoberno constituída como Comunidade Autónoma do Estado español. A través do Estatut, Cataluña accede ao seu recoñecemento como pobo cunha cultura, unha historia e unha lingua propias.
A lei orgánica do Estatuto de Autonomía define as institucións catalás, agrupadas na Generalitat, as competencias e as relacións co Estado español. A institución encargada de aprobar, modificar ou derogar as leis é o Parlamento de Cataluña. En cada lexislatura apróbanse, proxéctanse, propóñense, deróganse e modifícanse as leis da lexislatura anterior.
O Estatut foi aprobado polo pobo catalán nun referendo e ratificado polas Cortes Xerais en novembro de 1979.
O proxecto do Estatut foi elaborado oor deputados e senadores das Cortes españolas, a chamada Comissió dels Vint (Comisión dos Vinte), que comezou a tarefa de redactar o anteproxecto do Estatut o 8 de setembro de 1978. A primeira redacción tivo lugar en varias reunións celebradas en Barcelona e, entre o 12 e 15 de setembro, no parador de turismo da localidade de Vilanova de Sau, motivo polo que tamén se coñece como Estatut de Sau. Así continuaba a tradición de nomear as cartas magnas catalás co nome do lugar onde foron redactadas, como o Estatuto de Núria de 1932.
Os padres do Estatut ou Comissió dels Vint foron: Macià Alavedra (CDC), Miquel Roca Junyent (CDC), Laureà López Rodó (AP), Eduardo Martín Toval (PSC), Josep Andreu Abelló (PSC), Josep Maria Triginer i Fernández (PSC), Josep Benet (independente polo PSUC), Felip Solé Sabarís (PSC), Jaume Sobrequés (Independente polo PSC), Josep Subirats (PSC), Josep Sendra i Navarro (CDC), Jordi Solé Tura (PSUC), Josep Solé Barberà (PSUC), Dolors Calvet i Puig (PSUC), Josep Verde Aldea (PSC), Marcel·lí Moreta (UCD), Anton Cañellas (CC-UCD), Joaquim Arana (ERC), Manuel de Sárraga Gómez (UCD) e Carles Güell de Sentmenat (CC-UCD). Tiveron especial protagonismo no proceso de elaboración do Estatutos deputados Miquel Roca, Jordi Solé Tura e Eduard Martín Toval..
Reforma do Estatut O 30 de setembro de 2005 o Parlamento de Cataluña aprobou por 120 votos a favor e 15 en contra o Proxecto de lei do novo Estatuto de autonomía de Cataluña. O 3 de outubro de 2005 o presidente do Parlamento de Cataluña, Ernest Benach Pascual entregou ao Congreso dos Deputados o Proxecto de lei. O 21 de xaneiro de 2006 o presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE), e o líder da oposición de Cataluña, Artur Mas (CiU), chegaron a un acordo previo respecto da definición de nación do proxecto de estatuto e do modelo de financiamento. O 18 de xuño de 2006 a cidadanía catalá aproba en referendo o novo Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006 negociado en Madrid, co apoio do 73,9% dos sufraxios. O novo texto substituíu o Estatut de Sau de 1979 como norma institucional básica de Cataluña.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932 Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006
Ligazóns externas Historias de Cataluña: O Estatut d'Autonomia Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979 en Gencat.cat
Categoría:Estatutos de autonomía de Cataluña Categoría:1979