Ramón Ormazábal Tife, nado en Irún en 1910, e finado en Bilbao o 5 de xullo de 1982, foi un político comunista vasco, fundador e dirixente do Partido Comunista de Euskadi (Euskadiko Partidu Komunista, EPK).

Primeiros anos: 1910–1936 Ramón Ormazábal naceu en Irún, Guipúscoa, en 1910. Empeza traballar en Hendaia ós doce anos, uníndose axiña a círculos comunistas. Milita no Partido Comunista en Irún e tras a insurrección errada de 1934 ten que fuxir a Pamplona.Auñamendi Eusko Entziklopedia. Cando o Partido Comunista de Euskadi (PCE-EPK) constitúese como organización nacional na primavera de 1935, Ormazábal fíncase en Biscaia, onde é un dos fundadores manténdose contrario á autonomía do EPK do Partido Comunista de España proposta por Juan Astigarrabía, quen é expulsado do partido por "desviación nacionalista".Patxo Unzueta.

A guerra civil: 1936–1945 En 1936, ó comezo da guerra civil española Ormazábal participa na Xunta de Defensa de Biscaia, até a constitución do Goberno Provisional do País Vasco. Dirixe a revista Euskadi Roja, do órgano en Euskadi do Partido Comunista (SEIC). Ó final da guerra civil, en abril de 1939, é apresado en Alacante polas tropas italianas do bando sublevado, e recluído no campo de concentración de Albatera, Valencia.Foro pola Memoria. Posteriormente é trasladado ó cárcere de Valencia, de onde foxe en maio de 1940, exiliándose primeiro nos Estados Unidos e despois en América do Sur, onde é un organizador comunista.

Última etapa: 1945–1982 Tras a segunda guerra mundial, Ormazábal trasládase a Francia en 1946, onde continúa traballando para o partido dende o exilio e clandestinamente en España. É arrestado en Las Arenas en xuño de 1962, acusado de ser un dos dirixentes das folgas dese ano en Guipúscoa e Biscaia, sendo torturado, encerrado na prisón de Carabanchel e posteriormente xulgado o 21 de setembro de 1962 nun consello de guerra sumarísimo xunto a outros 9 acusados entre os que se atopaban Agustín Ibarrola, Vidal de Nicolás, Antonio Giménez Pericás e Enrique Múgica.ABC, 22 de setembro de 1962.. Ormazábal é sentenciado coa maior condena, 20 anos de prisión.José Antonio Pérez Pérez.

Ormazábal cumpre oito anos de condena en Burgos e é excarcerado en xullo de 1969, facéndose cargo da secretaría xeral do Partido dende Francia. É candidato por Biscaia ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1977, participando xunto a Dolores Ibarruri e Santiago Carrillo nun masivo mitin na Feira de Mostras de Bilbao, en cuxa intervención Ormazábal realizou unha contundente condena do terrorismo de ETA.Raúl López Romo. No III Congreso do Partido Comunista do País Vasco desenvolvido na primavera de 1977 en Bilbao, Ormazábal é substituído como secretario xeral do PCE-EPK por Roberto Lertxundi.Javier Angulo. O congreso ten lugar despois duns malos resultados do PCE-EPK nas eleccións no País Vasco e pensábase que Lertxundi, ex-membro do grupo terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA), sería máis próximo co electorado. Ormazábal é elixido presidente neste congreso, e reelixido no cargo no congreso de 1981. Ormazábal permanece no PCE tras a escisión en 1981, mentres o sector maioritario liderado por Lertxundi constitúe Euskadiko Ezkerra (EE) en confluencia con Euskal Iraultzarako Alderdia (EIA), liderado por Mario Onaindia.

Morre dun ataque ao corazón en Bilbao o 5 de xullo de 1982, ós 72 anos de idade.Patxo Unzueta.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Teo Uriarte. «La historia enterrada». El País, 8 de marzo de 2006.

Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Irún Categoría:Finados en 1982 Categoría:Políticos do PCE Categoría:Políticos do País Vasco