miniatura|dereita|Entre os moitos nomes do ouriolo (na fotografía, nunha figueira), están os de figo marelo e papafigo A figueira é unha árbore con ampla presenza no campo galego, dado que non é en absoluto esixente coas características do chan onde medra, polo que non precisa de coidados. Aprovéitase polos seus froitos (figos e bréveras) pero a madeira é de mala calidade e pouco apreciada.
Na literatura oral (refráns, cantigas, contos e adiviñas) está moi presente, e tamén deixou ampla pegada na toponimia de Galicia.
Na medicina Un remedio da medicina popular galega contra o mal do torrón (que designa unha enfermidade do bazo non identificada) consiste en levar ó meniño enfermo, de noite, a un prado onde medre unha figueira e poñelo de pé sobra unha planta de chantaxe. Logo córtase un terrón ó redor dos pés e ponse, xa de regreso en casa, sobre o bazo do enfermo. Este curará segundo seca o terrón.Víctor Lis Quibén: La medicina popular en Galicia 1949 [ed. facsímile de Akal, Madrid 1980], 267.
O leite dos figos e béveras disque é bo para curar as espullas.Lis Quibén, 294.
Léxico Figo de/do río: planta acuática, tamén chamada tapadeira (Nymphaea alba). Figo marelo: vichelocrego (Oriolus oriolus). Tamén figo maduro ou figo rodrigoElixio Rivas Quintas (2001), s. v. figo. ou figo loureiro Elixio Rivas (1988), s. v. figo. Figo santiaguiño: dise do figo que madura no mes de xuño. Figo vindimiño: dise do figo que madura na época da vindima, é dicir, na segunda quincena de setembro. Figueira do demo: rícino (Ricinus communis). Figueira do demo, figueira do inferno, figueira tola: estramonio (Datura stramonium). Figueiras: papilomatose no ubre dunha vaca.Elixio Rivas Quintas (2001), s. v. figueira. Papafigo: vichelocrego.
Locucións Caer como un figo maduro: Eladio Rodríguez aplícao a quen se dorme rápida e profundamente, por estar moi canso, así como á muller que accede facilmente ós requirimentos sexuais dun home, pero cabe supoñer que tamén se aplique a calquera asunto no que se estea traballando cando, por fin, se consegue.Eladio Rodríguez, s. v. figo. De figos a brevas: dise de algo que só acontece de tarde en tarde. Estar como unha breva: dise de calquera froita mazada e podre, e tamén se aplica a unha persoa chea de achaques. Mirrado coma un figo: estar avellentado, coa cara chea de engurras.<refEladio Rodríguez, s. v. mirrado.</ref> Non dárselle un figo a un: non importar nada algunha cousa. Seco coma un figo: mirrado Vicente Risco, en Nós nº 27, 15.03.1926.. Ser como un figo: ser moi delicado e mostrarse ofendido por nada.Elixio Rivas Quintas (1878), s. v. figo.
Refraneiro miniatura|300px|Folla na figueira, muxe na ribeira A branca, con frío, non vale un figo; a negra, nin figo nin breva. Eladio Rodríguez, s. v. branco. A leña da figueira, recia de fume e fraca de madeira. Eladio Rodríguez, s. v. leña. A leña da figueira ten sona de ser de mala calidade, producir pouca calor e moito fume. A negra co frío non vale un figo; a branca coa xiada, nin figo nin nada.Eladio Rodríguez, s. v. negro.La Voz de Galicia 8.10.1988. A unha vella enriba dun muro, tembláballe o cu coma un figo maduro.Maciñeira 219; recólleo como cantiga. No orixinal: de un. Ano de brevas, nunca acá veñas.Eladio Rodríguez, s. v. ano. Ano de brevas, nunca o vexas. Auga bebas con figos e brevas. Eladio Rodríguez, s. v. auga. Auga ó figo; e á pera viño. Auga ó figo e para a pera viño.Adela Leiro Leis, 44. Cando a figueira ten folla, ten boa comida a solla.Clodio González Pérez, 145. Cando a figueira ten folla, val ouro a solla.Álvarez Giménez, 36. Cando a gaivota busca unha figueira, anuncia tempestades desa maneira. Cando hai uvas e figos, amaña os teus vestidos.Refraneiro do viño, 47. Con brevas e con figos non aproveitan os viños.Nicanor Rielo Carballo, 220. Con brevas, viño bebas.Eladio Rodríguez, s. v. breva. Con brevas, viño bebas, e con figos, auga e viño.Refraneiro do viño, 26. Con caracoles, figos e brevas, auga non bebas,/ pero o pan e o viño sexa tanto que todo o que comas ande nadando. Con figos, bebe auga ou viño. Con figos e brevas auga bebas. Con figos e brevas viño non bebas.Xaquín Lorenzo Fernández (1983), 29. Deben nadar en viño os caracoles, as brevas e os figos.Eladio Rodríguez, s. v. viño.Refraneiro do viño, 27. Digo e redigo que a breva nunca foi figo.Eladio Rodríguez, s. v. decir. Digo que a figueira non é figo, e así o digo. É millor pan duro que figo maduro.Eladio Rodríguez, s. v. pan. En tempo de figos non hai amigos.Álvarez Giménez, 15. No orixinal: n'hay amigos. Enriba de brevas, auga non bebas. Enriba de brevas, nunca bebas. Figos á figueira, vellos á fogueira.Moreiras Santiso (1977), 102). Cabe pensar nunha confusión por folgueira (lugar con moitos fentos) ou golfeira (praia onde se acumulan as algas), pero Moreiras tamén recolle a locución Un vello é un trasfogueiro. Figos á figueira, vellos á golfeira.Eladio Rodríguez, s. v. golfeira. O colector define golfeira como lugar agradable, onde se sente a calor natural e non molesta, pero tamén pode significar unha praia onde se acumulan as algas. Folla na figueira, muxe na ribeira.Lino Lema Bouzas, 5. Millor é un pouco pan duro que un figo enteiro maduro. Nin morcilla sin figos nin voda sin pantrigo.Darío Xan Cabana, 45. No tempo dos figos, non hai amigos. O figo na figueira, a froita na oraza e a moza no mesón, tres cousas son que maduran sin sazón.Moreiras Santiso (1978), 70. O que digo, digo, que a breva non é figo. Ós figos, se son verdes, hai que darlle viño. Por Santa Técola acábanse as queixas.Xesús Ferro Ruibal, s. v. Tegra.Santa Tegra (Técola), 23 de setembro. Primeiro a ameixa, despois a cereixa, despois o figo e o carrapichote meu amigo.Adela Leiro, 44. Non atopamos significado para carrapichote agás o de "clase de seta" que recolleu Rivas Quintas en Samos, pero o refrán é de Cambados. Certamente, os figos veñen no outono, así como os cogomelos. Santa Técola que vindima as uvas e os figos leva. Santiago trae as béveras e os figos leva santa Tecra.
Cantigueiro A miña muller é vella,/ de vella non me ten fillos,/ heina de mandar colgar/ nunha figueira de figos.Maciñeira 107. Canta a rula, canta a rula,/ por riba dunha figueira;/ a rula canta i eu choro/ por no’atopar quen me queira.Xaquín Lorenzo Fernández (1973), 57. No orixinal: no-atopar, quén. Díanno-los reises:/ figos, chourizos e viño/ e tamén algún diñeiro/ para merca-lo pantrigo.Xaquín Lorenzo Fernández (1973), 70. No orixinal: díannolos, mercalo. Eu non quero uvas,/ figos nin castañas,/ pero pra as ameixas/ teño boas mañas.Cantigueiro do viño, 32. Fun ós figos á pereira,/ no’atopei senón cireixas,/ veu o dono das mazás:/ Deixa queda-las ameixas.Xaquín Lorenzo Fernández (1973), 86. No orixinal: no-atopei, quedalas. No alto dunha figueira/ estaba un home atutando;/ afaite sola, meniña,/ que eu xa te vou olvidando.Xaquín Lorenzo Fernández (1973), 108. O rei mandou unha carta/ dentro dun figo maduro:/ que as mulleres beban viño/ e os homes mexo de burro.Pérez Ballesteros II, 63. Quen fora reichiño ruibo/ pra cantar na túa figueira,/ pra non saír do teu horto/ e aniñar na túa silveira! Manuel Leiras Pulpeiro: Cantares gallegos Teño unha figueira grande/ que moitos figos me dá;/ teño unha nena bonita,/ xa non quero traballar.Xaquín Lorenzo Fernández (1973), 152. Veña o aguinaldo logo,/ figos, viño e lacós:/ somos bos de conformar,/ non somos nada lapós.Xaquín Lorenzo Fernández (1973), 161. Unha vella enriba dun muro/ témblalle o cu como un figo maduro,/ unha vella nunha eira/ témblalle o cu como unha peneira.Fermín Bouza Brey 1929, 197. No orixinal: de un, cú, n-unha.
Adiviñas Adiviña, adiviñador, ¿que frutal carga sin a súa frol? [A figueira]Adela Leiro, 45. Realmente, a figueira si que ten flores, pero estas medran ocultas no interior dunha estrutura piriforme chamada ostiolo, cunha pequena abertura na parte superior. Cada unha das numerosas flores produce o seu froito, carnoso, pero quedan pechados dentro do sicono, un falso froito que é o que se coñece como figo. Altas nais capeludas,/ mais fillos zaramboles./ Adiviña ti, si podes [A figueira e os figos]Gárfer, José Luís, 278. Cen e cen fillos ten/ e todos a leite os mantén [A figueira] Variantes: e a todos con leite mantén / os mantén Notas
Véxase tamén Bibliografía
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
RISCO, Vicente: "Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós'' nº 27, 15.03.1926, 19-21.
Figueira