miniatura|233x233px|Clásico serradoiro de fins do século XIX nos Estados Unidos. miniatura|Serradoiro romano de Hierápolis do século III da Era Cristiá. É a mostra máis antiga do mecanismo biela-manivela. Un serradoiro ou serra é unha instalación mecanizada ou artesanal dedicada ao serrado de madeira.

Os serradoiros son industrias de primeira transformación da madeira; subministran produtos semielaborados que xeralmente son destinados a unha industria de segunda transformación (carpintaría, ebanistaría, construción, etc.) encargada de fabricar obxectos ou partes de obxectos de consumo.

As primeiras serras mecánicas eran movidas por muíños, polo que os serradoiros estaban situados tradicionalmente nas proximidades dos cursos de auga, os cales tamén facilitaban o transporte dos troncos.

A fins do século IX foi cando comezaron a utilizarse serradoiros. Estes tiñan movemento propio grazas ao quecemento da auga dentro de si para convertela en vapor. 

Notas

Categoría:Industria Categoría:Carpintaría Categoría:Madeira