Mikel Albisu Iriarte, máis coñecido polo seu alcume Mikel Antza, nado en Donostia en 1961, foi un dos máximos dirixentes da banda terrorista ETA. Foi o dirixente do grupo que máis tempo estivo á fronte da organización, dende que en 1993 se fixo cargo da súa dirección política ata que foi detido en 2004 en Francia xunto a outros membros de ETA, entre eles a súa parella, María Soledad Iparraguirre 'Anboto', na casa que ocupaban dende xuño de 1999 en Salies de Béarn.O MundoXulgan en París aos ex xefes de ETA 'Mikel Antza' e 'Anboto'Da estratexia da negociación ao desbordamento do Estado Antes da súa detención, Antza fora condenado en Francia en tres ocasións en rebeldía (ausente), cada unha delas a cinco anos de cárcere.
Biografía Antza é fillo de Rafael Albisu Ezenarro, un dos fundadores de Ekin, organización histórica antecedente de ETA. Adquiriu prestixio no seo de ETA ó ser o organizador da fuga do cárcere de Martutene (Donostia) de Joseba Sarrionandia e de Iñaki Pikabea o 7 de xullo de 1985 polo que tivo que fuxir a Francia. Entrou directamente no aparello político da organización, ás ordes primeiro de Josu Urrutikoetxea, e de Txelis despois. Tras a detención dos máximos dirixentes de ETA en Bidart en 1992, converteuse no novo xefe político, e ocupábase das publicacións, estratexia, compra de armas e relacións internacionais de ETA, así como de controlar a actividade da esquerda abertzale.Francia condena aos ex dirixentes etarras Mikel Antza e Soidade Iparraguirre a 20 anos de cárce Como estratego de ETA, cambiou as tácticas da mesma, tratando de desbordar ó Estado rompendo a unidade dos partidos democráticos no País Vasco combinando accións terroristas —o asasinato do concelleiro Miguel Ángel Blanco considérase a primeira mostra da nova estratexia— co chamado proxecto de "construción nacional" ou "alternativa democrática" que levou á firma do Pacto de Lizarra en 1998. Un dos seus momentos de máxima importancia en ETA foi durante a tregua declarada durante o goberno de José María Aznar, momento no que se reuniu en 1999 en Zúric co tres representantes do Goberno: Javier Zarzalejos, Ricardo Martí Fluxá e Pedro Arriola. A ruptura da tregua supuxo un punto de inflexión e o seu declive paulatino en ETA.
Tras a detención en 2004, o xuízo en Francia contra Antza e outro oito procesados iniciouse no Tribunal do Criminal de París, en novembro de 2010, acusado de ser o xefe do aparello político de ETA no intre da súa detención, polo que o fiscal solicitou 30 anos de prisión.A Fiscalía francesa pide 30 anos de cárcere para 'Antza' e 'Anboto' por ser dirixentes de ETA Foi condenado o 17 de decembro de 2010 a 20 anos de prisión como responsable político de ETA, a mesma pena que á súa compañeira, María Soledad Iparraguirre, Anboto.
Actividade literaria Mikel Albisu tamén é coñecido pola súa actividade como escritor dende hai máis de 30 anos. Publicou o seu primeiro conto co pseudónimo de Mikel Antza no primeiro número da revista literaria Susa en 1979. Posteriormente traballou e foi colaborador habitual do semanario Argia como responsable da área de teatro e outros labores. Esta actividade intelectual levouno a estar moi ligado a Joseba Sarrionandia, ó que visitou en numerosas ocasións en prisión.
En 1983 gañou o premio literario Cidade de Irún con Suzko gezi bat bezala (Como unha frecha de lume). En 1984 publicou xunto con Iñaki Uria a obra de teatro Beteluko balnearioko mirakulua (O milagre do balneario de Betelu), representada posteriormente pola compañía Branka. A súa segunda obra teatral, Hiru damatxo (Tres señoritas) é de 1986. Foi coordinador da peza teatral Marinela, de Fernando Pessoa, en 1985. En 1985 igualmente publicou a colección de narracións Lehen bilduma 82-84 (Primeira colección 82-84) e en 1987 a novela Odolaren usaina (O cheiro do sangue). Hoxe día continúa escribindo e publicando libros.
Selección da súa obra Narrativa Suzko gezi bat bezala (1983, GAK) Lehen bilduma 82-84 (1985, Susa) Odolaren usaina (1987, Susa) Ospitalekoak (2010, Susa) Bakarmortuko kronikak (2011, Ataramiñe) Teatro Beteluko balnearioko mirakulua (1985, Susa) con Iñaki Uria Hiru damatxo (1986) Cancións JFK, con Fermin Muguruza Euskaldunok eta zientzia Numerosas cancións para diversos grupos
Notas
Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1961 Categoría:Membros de ETA Categoría:Escritores en lingua éuscara