Castellar de n'Hug é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Berguedà, no límite co Ripollès. Nel nace o río Llobregat.

Tiña en 2014 unha poboación de 159 habitantes. No século XIX chegou a superar os 1.000 habitantes.

Entre os seus lugares de interese destacan as fontes do Llobregat, as igrexas románicas de Santa Maria e Sant Vicenç de Rus e os museos do Cemento Asland e do Pastor.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona