dereita|miniatura|Saturno, o segundo xigante gasoso do sistema solar. Un xigante gasoso é un planeta xigante composto esencialmente de gas, isto é hidróxeno e helio. No sistema solar hai dous, Xúpiter e Saturno.
Historia do nome O termo apareceu por primeira vezSteven J. Dick (2013) Discovery and Classification in Astronomy: Controversy and Consensus Cambridge University Press, p. 56 no relato de James Blish "Solar Plexus", na versión que apareceu na antoloxía de 1952 Beyond Human Ken. Orixinalmente era sinónimo de "planeta xigante", pero na década de 1990, estableceuse que Urano e Neptuno pertencían a unha clase distinta de obxectos, diferente da que formaban parte Xúpiter e Saturno. Os dous primeiros planetas están compostos principalmente de elementos volátiles máis pesados que o hidróxeno e o helio como auga, metano e amoníaco, o que se denomina en planetoloxía xeado, polo tanto agrupáronse na categoría de xigantes xeados.
Estrutura / composición Xúpiter e Saturno consisten principalmente de hidróxeno e mais helio, os elementos máis pesados representan só entre o 3% e o 13% da súa masaT. Guillot et al., "The Interior of Jupiter" in France Bagenal, Timothy E. Dowling e William B. McKinnon (2004) Jupiter : The Planet, Satellites and Magnetosphere. Cambridge University Press. A súa estrutura interna fórmaa unha capa externa de hidróxeno molecular gasoso, que pasa a se converter en líquido coa profundidade, comprimindo unha capa de hidróxeno metálico líquido rodeando, probablemente, un núcleo de rocha e xeo. A capa externa, é dicir, a atmosfera caracterízase pola presenza de varias bandas nubosas compostas principalmente de auga e amoníaco. A capa de hidróxeno metálico representa o "corpo" destes planetas, e o nome de metálico vén do feito de que se sitúa nunha zona onde a presión é tal que o hidróxeno se comporta como un condutor eléctrico. O núcleo central consistiría pola súa parte nunha mestura de elementos máis pesados (especialmente rocha ou metal) a temperaturas (20 000 K) e presións tales que as súas propiedades son pouco coñecidas miniatura|Recreación artística de 79 Ceti b, o primeiro xigante gasoso extrasolar descuberto cunha masa menor á de Saturno.
Xigantes gasosos extrasolares Ata 2014 por mor das primeiras técnicas existentes para detectaren planetas extrasolares, todos os que se atopaban eran dunha escala comparable a dos xigantes gasosos do sistema solar. O máis pequeno tiña 17 veces a masa da Terra, e moitos tiñan unha masa varias veces a de Xúpiter. Algúns planetas extrasolares están moito máis próximos ás súas estrelas respectivas e, polo tanto, son máis quentes cós xigantes gasosos do sistema solar, facendo posible que algúns destes planetas sexan dun tipo que non se atopa no noso sistema solar. O límite superior de masa dun xigante gasoso é teoricamente aproximadamente 70 veces a de Xúpiter (0,08 veces a masa do Sol). Por riba dese punto, a intensa calor e presión ao núcleo do planeta comenzan a provocar unha fusión nuclear e o planeta convértese nunha anana vermella. A partir de 2014 coa confirmación dos descubrimentos de planetas grazas ás melloras na técnica que trouxo consigo a misión Kepler, fíxose común o descubrimento de planetas máis pequenos, mesmo ananos gasosos.
Clasificación Segundo a clasificación de David Sudarsky os gasosos extrasolares divídense en cinco clases: clase I: nubes de amoníaco; clase II: nubes de auga; clase III: desanubrados; clase IV: metais alcalinos e clase V: nubes de silicato.
Notas
Categoría:Xigantes gasosos