miniatura|Reconstrución de Anhanguera blittersdorffi, pterosauro fósil do Brasil, do albiense. O albiense ou albiano é, na escala de tempo xeolóxico, a sexta e última idade ou piso do cretáceo inferior. Descrición Este piso estendeuse desde hai 113,0 até hai 100,5 millóns de anos aproximadamente.ChronostratChart2014-10. . Consultada o 26 de novembro de 2016.
Debe o seu nome ao río Aube (que deriva de Albion, despois Alba, nome latino do río),A. Foucault, J.-F. Raoult (2005): Dictionnaire de géologie. París: Dunod. ISBN 2-10-049071-0 nome do que deriva tamén o topónimo Aube, departamento francés atravesado por este río.
Sucede ao aptiense e é anterior ao cenomaniense, do cretáceo superior.
O termo albiense foi proposto en 1842 por Alcide d'Orbigny para este piso do sistema cretáceo.
Algúns afloramentos representativos da idade albiana son dignos de mención: as capas fosfáticas e de limolitas de Argonne e Bray en Francia; o Flammenmergel do norte de Alemaña, os lignitos de Utrillas en España; as areíscas superiores de Nubia e as capas de Fredericksburg de Norteamérica.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía d'Orbigny, Alcide (1842): Paléontologie française: Terrains crétacés, vol. II. Gradstein, F. M.; Ogg, J. G. & Smith, A. G. (2004): A Geologic Time Scale 2004, Cambridge University Press. Kennedy, W. J.; Gale, A. S.; Lees, J. A. & Caron, M. (2004): The Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) for the base of the Cenomanian Stage, Mont Risou, Hautes-Alpes, France, Episodes 27, pp. 21–32.
Outros artigos Cretáceo
Ligazóns externas GeoWhen Database - Albian Albian Stage, Cretaceous Period in Hampshire
Categoría:Xeoloxía Categoría:Escala de tempo xeolóxico