Juan Balboa Boneke, nado en Rebola, daquela Guinea Española, o 10 de xuño de 1938 e finado en Valencia o 10 de marzo de 2014, foi un escritor e político ecuatoguineano.

Traxectoria Estudou maxisterio en Malabo e fixo graduado social en Granada. Foi ministro nun dos gobernos de Teodoro Obiang, ata que por discrepancias políticas en 1994 exiliouse en España, onde permaneceu vivindo todo o resto da súa vida. Pertenceu ao Movemento para a Autodeterminación da Illa de Bioko.

Obra O Boriba (El exiliado), 1982 (poemario) Desde mi vidriera (Susurros y pensamientos comentados), 1983 (poemario) Nostalgia Rebolana, 1987 (poemario)

Vida persoal Casado, foi o pai da cantante Concha Buika. A súa esposa morreu tamén no exilio en 2011.

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Guinea Ecuatorial Categoría:Políticos de Guinea Ecuatorial Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2014