Xavier Campos López, nado en Ribadeo en 1978, é un filólogo e político galego do BNG.Biografía na web do concello

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galega e posgrao en xestión cultural. Foi técnico de lingua e cultura do Concello de Ribadeo (2003-2006) e xefe de gabinete do IGAEM - AGADIC (2006-2009). É membro da Xunta Directiva da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, da que foi fundador. Foi concelleiro en Ribadeo dende 2011. Pertenceu á Executiva Nacional do BNG até 2016, como Secretario de Alternativas Programáticas. Dende 2017 forma parte de novo da Executiva do BNG, como Coordinador de Comunicación.

Foi presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza entre 2006 e 2008.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Terra e Tempo

Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros de Ribadeo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes