miniatura|dereita|Chelonoidis chilensis, a tartaruga do Chaco. miniatura|dereita|Chelonoidis carbonaria, tartaruga con patas con puntos vermellos. miniatura|dereita|Chelonoidis chatamensis, a tartaruga da illa San Cristóbal, unha das especies das illas Galápagos do complexo de especies C. nigra. Chelonoidis é un xénero de tartarugas da familia Testudinidae. Encóntranse en Suramérica continental e nas illas Galápagos (a 1 000 km da costa suramericana do Pacífico). Anteriormente foran asignadas ao xénero Geochelone, pero unha análise xenética comparativa posterior indicou que en realidade están máis estreitamente relacionadas coas tartarugas africanas do xénero Kinixys. Os seus antepasados eran africanos e aparentemente chegaron cruzando o Atlántico flotando no Oligoceno. Esta longa travesía foi posible pola súa capacidade de flotar coas cabezas ergueitas e de sobrevivir seis meses ou máis sen comida nin auga.

Cos cambios taxonómicos recentes, do antigo xénero Geochelone separáronse unha gran parte das súas especies, que foron asignadas a xéneros propios, que son: Aldabrachelys (das Seychelles e Madagascar), Astrochelys (Madagascar), Chelonoidis (Suramérica e illas Galápagos), Stigmochelys (África), e o xénero antigo extinto Colossochelys (sur de Asia).

Os membros do xénero Chelonoidis que viven nas illas Galápagos (que foron antes tratados como subespecies e agora como especies que forman un complexo de especies relacionadas) están entre os quelonios terrestres existentes de maior tamaño. Especies xigantes deste xénero estaban presentes tamén na Suramérica continental durante o Plistoceno, pero agora as especies continentais son máis pequenas que as das Galápagos.

Especies Velaquí unha listaxe alfabética das especies separadas por zonas xeográficas. Suramérica continental C. carbonaria C. chilensis C. denticulata Illas Galápagos Complexo de especies de C. nigra: †C. abingdonii – tartaruga da illa Pinta (extinguida) C. becki – tartaruga do volcán Wolf da illa Isabela C. chathamensis – tartaruga da illa San Cristóbal C. darwini – tartaruga da illa Santiago C. donfaustoi – tartaruga de Santa Cruz do leste C. duncanensis – tartaruga da illa Pinzón C. guentheri – tartaruga de Sierra Negra en Isabela C. hoodensis – tartaruga da illa Española C. microphyes – tartaruga do volcán Darwin en Isabela †C. nigra – tartaruga da illa Floreana (extinguida) †C. phantastica – tartaruga da illa Fernandina (de dubidosa existencia) C. porteri – tartaruga da illa Santa Cruz C. vandenburghi – tartaruga do volcán Alcedo en Isabela C. vicina – tartaruga da illa Isabela †C. wallacei – tartaruga da illa Rábida (de dubidosa existencia) †Chelonoidis sp. 1 – tartaruga da illa Santa Fe (de dubidosa existencia)

Notas

Categoría:Quelónidos