Ana María Urchueguía Asensio, nada en Donostia o 9 de outubro de 1952, é unha política vasca de ideoloxía socialdemócrata. Foi a primeira Alcaldesa de Lasarte-Oria tras a súa constitución como concello independente en 1986 Durante tres lexislaturas foi xunteira nas Xuntas Xerais de Guipúscoa. Foi senadora durante a V Lexislatura. Tamén foi Delegada do País Vasco en Chile e o Perú de 2010 a 2013.
Traxectoria política Con 27 anos, ocupou o seu primeiro cargo institucional como concelleira no concello de Hernani nas primeiras eleccións municipais democráticas, naquela época, gran parte do actual concello de Lasarte-Oria pertencía ó termo municipal de Hernani.
O 31 de xaneiro de 1986, as Xuntas Xerais de Guipúscoa aprobaron constituír o municipio de Lasarte-Oria, segregando parte dos termos municipais de Hernani, Andoain e Urnieta. A Deputación Foral de Guipúscoa nomeou unha comisión encabezada por Ana Urchueguía para que gobernase o novo municipio até as seguintes eleccións municipais. Finalmente a política socialista gobernou durante 24 anos despois de gañar seis eleccións seguidas.
Durante a súa traxectoria como alcaldesa sufriu de preto a violencia de ETA, especialmente cando o seu compañeiro de partido e primeiro tenente alcalde Froilán Elespe foi asasinado pola banda armada o 21 de marzo de 2001.
No 2010, renunciou ó seu cargo de alcaldesa ó ser nomeada Delegada do País Vasco en Chile e Perú, cargo do que cesou en 2013 tras ser desaloxado o seu partido, o PSE, do Goberno Vasco.Urchueguía será delegada de la SPRI en Chile y dejará la Alcaldía de Lasarte-Oria, Diario Vasco, 23 de febreiro de 2010El Gobierno vasco cesa a los delegados internacionales nombrados por López, El Correo, 8 de xaneiro de 2013
Notas
Véxase tamén Ficha no Senado
Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Políticos do Partido Socialista de Euskadi