Juan Luís Londoño Arias, nado en Medellín o 28 de xaneiro de 1994, máis coñecido polo seu nome artístico Maluma, é un cantante e compositor colombiano.
Traxectoria
Acadou a fama no seu país natal no 2011, con «Farandulera», e grazas a «Obsesión» e «La temperatura» (2013), empezou a ser amplamente recoñecido en América. O seu álbum debut, Magia, de 2012, tivo éxito comercial en Colombia, e un ano despois, Maluma foi nomeado ó Grammy Latino como mellor novo artista. En 2015, lanzou o seu segundo traballo, Pretty Boy, Dirty Boy, que entrou no número un da listaxe principal de álbums latino de Billboard, e consta das cancións «El tiki», «Borró cassette» e «El perdedor». Maluma é considerado polos críticos especializados como un dos artistas de «música urbana de maior impacto» en Latinoamérica.
Discografía Álbums de estudio Magia (2012) Pretty Boy, Dirty Boy (2015) F.A.M.E (2018) 11:11 (2019)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Medellín Categoría:Cantantes de Colombia