Aitor Urresti González, nado en Bilbao o 15 de xaneiro de 1975, é un enxeñeiro industrial e político vasco de Equo, partido polo que foi candidato á lehendakaritza nas Eleccións ó Parlamento Vasco de 2012. Foi coportavoz de Equo Euskadi e dende novembro de 2014 é membro da Comisión Executiva Federal de Equo.

Actividade profesional Enxeñeiro industrial especializado en enerxías renovables, traballa como profesor na Universidade do País Vasco e investiga o almacenamento de calor mediante materiais de cambio de fase para a integración da enerxía solar na edificación e a industria.

Activismo social Participou en agrupacións sociais de distinto ámbito: democracia participativa, dereitos humanos, pacificación, débeda externa, cooperación, etc. Recentemente formou parte de “Fracking EZ Araba” e representa a Equo na asemblea antifracking de Bilbao chamada “Fracking EZ Bizkaia”. Estas plataformas están organizadas co propósito de que non se empregue o sistema de fractura hidráulica para a obtención de gas no País Vasco polos danos que provoca ó subsolo e ós acuíferos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Aitor Urresti Ficha de Aitor Urresti na Universidade do País Vasco Equo Euskadi Equo Arabaarquivada dende o orixinal o 19 de maio de 2014

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Políticos de Equo Categoría:Políticos do País Vasco