Moeve é unha empresa petroleira de orixe española con sede en Madrid.
Historia Naceu en 1929 co nome de CEPSA (Compañía Española de Petróleos Sociedad Anónima), que en 2024 mudou a Moeve. A empresa ten tres refinarías en España: as de Tenerife (construída en 1930), San Roque (1967) e La Rábida (1967). Amais conta con dúas plantas petroquímicas en Xibraltar-San Roque e La Rábida.
Notas
Categoría:Empresas de España Categoría:Empresas petroleiras