O Atlético Mancha Real é un club de fútbol español da localidade de Mancha Real, na provincia de Xaén. Foi fundado en 1984 e actualmente xoga no grupo 9 da Terceira División Española.
Historia Antes de que se fundase a Atlético Mancha Real no ano 1984, en Mancha Real tamén houbo diversos equipos que representaron á localidade a nivel futbolístico, o Imperio Azul foi un deles.
O 4 de agosto de 1984 rubricouse o documento notarial que fundaba oficialmente o Atlético Mancha Real como asociación deportiva. Lorenzo Araque Pareja, en calidade de presidente, Antonio José Beltrán Guzmán, como vicepresidente, Pedro Fuentes Olmo, como secretario, José Jiménez Quesada, como tesoureiro, e Diego Blanca Moreno, como vogal, formaron a primeira xunta directiva do club. Naquel entón tamén quedaron redactados os estatutos que actualmente rexen o club.
O 29 de maio de 2016 a Atlético Mancha Real consegue o primeiro ascenso a Segunda División B da súa historia tras vencer ao Zamora CF cun global de 5-1 a favor na eliminatoria de campións, tras quedar campión do grupo IX de Terceira División esa tempada.
Estadio O equipo xoga os seus partidos no Estadio Polideportivo Municipal de La Juventud, con capacidade para 1.500 espectadores. O terreo de xogo é de céspede artificial.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 1 (incluída a 2016-17) Tempadas en 3ª: 12
Palmarés Terceira División de España (2): 2009-10, 2015-16. Subcampión da Terceira División (1): 2012-13.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol de Andalucía Categoría:Equipos do grupo 5 da Segunda División RFEF