O Gran Premio de Hungría de 1989 foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 13 de agosto de 1989, no circuíto de Hungaroring. Foi a décima carreira da tempada de 1989. A carreira, disputada sobre 77 voltas, gañouna Nigel Mansell para Ferrari logo dunha manobra de adiantamento marabillosa a Ayrton Senna. Foi a súa segunda vitoria para o equipo italiano.
Informe
Cualificación Riccardo Patrese logrou unha pole position sorpresa no seu Williams, a primeira e única que non logrou McLaren na tempada, superando a Senna en tres décimas de segundo. Outra sorpresa, foi Alex Caffi que quedou a só seis décimas de Senna en terceiro lugar, os pneumáticos Pirelli do seu Dallara ofreceron un mellor agarre que os Goodyears utilizados pola maioría dos mellores equipos. Thierry Boutsen no segundo Williams foi cuarto, por diante do segundo McLaren do líder do campionato mundial Alain Prost en quinto lugar. Os dez primeiros foron completados por Gerhard Berger no Ferrari, Alessandro Nannini no Benetton, Stefano Modena no Brabham, Derek Warwick no Arrows e Pierluigi Martini no Minardi.
Mansell, pola súa banda, tivo unha mala cualificación e só puido cualificarse 12º, case a sete décimas do seu compañeiro de equipo Berger e a máis de dous segundos de Patrese, posteriormente queixouse do tráfico.
Carreira Ao comezo da carreira, Patrese, Senna e Caffi mantiveron a súa orde na volta 1, mentres que Boutsen perdeuna ante Prost, mentres Berger superábaos. Mansell fixo un bo comezo, chegando ao oitavo na primeira curva. Pronto quedou claro, que Caffi estaba loitando co Dallara incapaz de replicar a velocidade que mostrara na cualificación. En pouco tempo foi pasado por Berger e Prost, e sostiña un tren de coches que consistía en Boutsen, Nannini, Mansell e Warwick.
Nannini saíu do tren cando se detivo para cambiar os pneumáticos. Isto deixou a Mansell no 7º posto, que superou rapidamente pasando a Boutsen e Caffi en rápida sucesión para poñerse 5º. Logo dedicouse a pechar a brecha de 17 segundos cos líderes, e ascendeu á cuarta posición cando Berger entrou en boxes a cambiar os pneumáticos. Unha vez alcanzado o grupo principal, Mansell pasou Prost para ser 3º. Entón o Williams de Patrese comezou a desenvolver unha fuga no radiador, que o atrasou e agrupou ao grupo principal. Co tempo, o radiador de Patrese empeorou e tanto Senna como Mansell pasarono nas curvas. Patrese retirouse da carreira pouco despois.
Mansell comezou a meter presión a Senna, claramente máis rápido pero incapaz de pasar debido á potencia extra do motor do McLaren. Mentres tanto, Prost entrou a cambiar os pneumáticos e reincorporouse na sexta posición, mentres que Berger só herdou o terceiro posto brevemente antes de retirarse con problemas na caixa de cambios, deixando a Senna e Mansell pola súa conta. Eventualmente, o par achegouse ao Onyx de Stefan Johansson. Senna atrapouno nun momento incómodo, xusto na zona de aceleración da terceira curva. O brasileiro vacilou inusitadamente, levantando o pé brevemente, e isto permitiu que Mansell se achegase, pasara a Johansson e logo usar o maior impulso do Ferrari para superar a Senna e tomar o liderado. Logo diso, Mansell non tivo rival ata a meta, superando a Senna en case 26 segundos, con Boutsen completando o podio. Prost adiantou ao Arrows de Eddie Cheever para o cuarto lugar na última volta, mentres que o Lotus de Nelson Piquet redondeou os puntos."Mansell the magician" by Innes Ireland Road & Track December 1989
Clasificación
Pre Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:22.836 — 2 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford 1:24.086 +1.250 3 29 Michele Alboreto Lola-Lamborghini 1:24.323 +1.487 4 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford 1:24.412 +1.576 5 17 Nicola Larini Osella-Ford 1:24.601 +1.765 6 30 Philippe Alliot Lola-Lamborghini 1:24.928 +2.092 7 41 Yannick Dalmas AGS-Ford 1:25.571 +2.735 8 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha 1:25.613 +2.777 9 40 Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:25.685 +2.849 10 31 Roberto Moreno Coloni-Ford 1:26.903 +4.067 11 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd 1:27.478 +4.642 12 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha 1:28.113 +5.277 13 32 Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford 1:45.971 +22.135
Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 1:19.726 1:20.644 — 2 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:21.576 1:20.039 +0.313 3 21 Alex Caffi Dallara-Ford 1:21.040 1:20.704 +0.978 4 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 1:23.492 1:21.001 +1.275 5 2 Alain Prost McLaren-Honda 1:21.076 1:22.267 +1.350 6 28 Gerhard Berger Ferrari 1:21.304 1:21.270 +1.544 7 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:21.448 1:21.301 +1.575 8 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:23.090 1:21.472 +1.746 9 9 Derek Warwick Arrows-Ford 1:23.111 1:21.617 +1.891 10 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:21.746 1:32.546 +2.020 11 4 Jean Alesi Tyrrell-Ford 1:23.853 1:21.799 +2.073 12 27 Nigel Mansell Ferrari 1:22.544 1:21.951 +2.225 13 15 Maurício Gugelmin March-Judd 1:22.949 1:22.083 +2.357 14 16 Ivan Capelli March-Judd 1:22.445 1:22.088 +2.362 15 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:22.970 1:22.296 +2.570 16 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 1:23.251 1:22.374 +2.648 17 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 1:22.837 1:22.406 +2.680 18 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:23.463 1:22.410 +2.684 19 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:24.670 1:22.578 +2.852 20 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 1:23.996 1:22.630 +2.904 21 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford 1:22.634 1:23.720 +2.908 22 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford 1:23.091 1:22.763 +3.037 23 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:23.017 1:24.188 +3.291 24 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:23.372 1:23.148 +3.422 25 20 Emanuele Pirro Benetton-Ford 1:23.772 1:23.399 +3.673 26 29 Michele Alboreto Lola-Lamborghini 1:23.733 1:25.660 +4.007 27 25 René Arnoux Ligier-Ford 1:25.862 1:24.003 +4.277 28 26 Olivier Grouillard Ligier-Ford 1:24.702 1:25.169 +4.976 29 38 Christian Danner Rial-Ford 1:26.485 1:25.017 +5.291 30 39 Volker Weidler Rial-Ford 1:28.112 1:26.320 +6.594
Carreira Pos Nº Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 27 Nigel Mansell Ferrari 77 1:49:38.650 12 9 2 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 77 + 25.967 2 6 3 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 77 + 38.354 4 4 4 2 Alain Prost McLaren-Honda 77 + 44.177 5 3 5 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 77 + 45.106 16 2 6 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 77 + 1:12.039 17 1 7 21 Alex Caffi Dallara-Ford 77 + 1:24.225 3 8 20 Emanuele Pirro Benetton-Ford 76 + 1 volta 25 9 4 Jean Alesi Tyrrell-Ford 76 + 1 volta 11 10 9 Derek Warwick Arrows-Ford 76 + 1 volta 9 11 8 Stefano Modena Brabham-Judd 76 + 1 volta 8 12 7 Martin Brundle Brabham-Judd 75 + 2 voltas 15 13 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 73 + 4 voltas 19 Ret 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 57 Colisión 23 Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 56 Caixa de cambios 6 Ret 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 54 Radiador 1 Ret 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 48 Caixa de cambios 24 Ret 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 46 Caixa de cambios 7 Ret 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford 38 Caixa de cambio 21 Ret 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 33 Colisión 20 Ret 15 Maurício Gugelmin March-Judd 27 Eléctrico 13 Ret 16 Ivan Capelli March-Judd 26 Roda 14 Ret 29 Michele Alboreto Lola-Lamborghini 26 Motor 26 Ret 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford 20 Eléctrico 22 Ret 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 9 roda 10 Ret 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 0 Embrague 18 NSC 25 René Arnoux Ligier-Ford NSC 26 Olivier Grouillard Ligier-Ford NSC 38 Christian Danner Rial-Ford NSC 39 Volker Weidler Rial-Ford NSCP 17 Nicola Larini Osella-Ford NSCP 30 Philippe Alliot Lola-Lamborghini NSCP 41 Yannick Dalmas AGS-Ford NSCP 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha NSCP 40 Gabriele Tarquini AGS-Ford NSCP 31 Roberto Moreno Coloni-Ford NSCP 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd NSCP 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha NSCP 32 Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford
Notas Líderes por volta: Riccardo Patrese 52 (1-52), Ayrton Senna 5 (53-57), Nigel Mansell 20 (58-77)
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Alain Prost 56 2 Ayrton Senna 42 3 Nigel Mansell 34 4 Riccardo Patrese 25 5 Thierry Boutsen 17
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Honda98 2 Williams-Renault42 3 Ferrari34 4 Benetton-Ford17 5 Arrows-Ford11
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Hungría Categoría:Gran Premio de Hungría de Fórmula 1