dereita|miniatura|240x240px|Os membros da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) reunidos no santuario de Arantzazu en 1972. Arriba, de esquerda a dereita: Koldo Mitxelena, Iratzeder, Jean Haritxelhar, Alfonso Irigoyen, Luis Villasante, José María Satrustegi, Patxi Altuna e Imanol Berriatua. Debaixo: Juan San Martín, José Luis Lizundia, Joseba Intxausti e Xabier Kintana. Patxi Altuna Bengoechea [ou Bengoetxea], nado en Azpeitia o 8 de setembro de 1927, e finado no Santuario de Loiola o 20 de xaneiro de 2006, foi un sacerdote xesuíta vasco, filólogo, lingüista e académico, experto na metodoloxía de ensino do éuscaro.
Biografía Formado nos xesuítas de Loiola, ingresou na compañía en 1945 e foi investido en 1962. Estudou Teoloxía e Filosofía en Burgos. Licenciado en Filosofía e Letras (Estudos Clásicos) pola Universidade de Salamanca (1957), en Teoloxía en Innsbruck e doutoramento en Lingüística en Salamanca (1978). Foi profesor de lingüística na Universidade Pontificia de Salamanca e durante algún tempo, mentres estivo en Gandia, profesor de diversos centros privados relixiosos da provincia de Valencia. Despois foi profesor da Universidade de Deusto, axudante primeiro de Koldo Mitxelena, e titular despois, de latín clásico e común, iniciou o ensino da lingua éuscara ó crearse na sede de Donostia da Universidade de Deusto, os Estudos Universitarios e Técnicos de Guipúscoa (EUTG), así como de historia da lingua éuscara e de textos éuscaros.
Considerado un pioneiro no ensino do éuscaro, foi académico correspondente da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) (1965) e de número (1981). Participou na asemblea da Academia que tivo lugar en 1968 e onde defendeu a tese da unificación do éuscaro. Foi responsable da Comisión de Gramática da Academia e, xunto a outros, elaborou a moderna gramática vasca.
Obras destacadas Mendibururen idazlan argitaragabeak Linguae vasconum primitiae Versificación de Dechepare: métrica y pronunciación (tese doutoral) Onsa hilceco bidia-ren Olerkiak José María Estefanía Zabala, S.I. (1889-1942): maestro de vascos Haizeak ez eramango! Euscal errijetaco olgueeta, ta dantzeen neurrizco gatz-ozpinduba, 1816
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Patxi Altuna (uztarria)
Categoría:Nados en 1927 Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Finados en 2006 Categoría:Académicos da Euskaltzaindia