Non confundir co fillo, Ermelindo Portela Silva (A Guarda 1947).

Ermelindo Portela Gómez, nado na Guarda en outubro de 1918 e finado no mesmo concello o 8 de xaneiro de 2003,La Voz de Galicia, 9-1-2003, p. 41. foi un médico e político galego.

Traxectoria Fillo de Ermelindo Portela Melón. Foi director do Centro Secundario de Hixiene Rural. Foi nomeado alcalde da Guarda o 11 de febreiro de 1949, permanecendo no cargo até o 23 de abril de 1960. Foi presidente da Comisión de Festas do Monte Tecla en 1952, e o último presidente da Sociedade Pro Monte Santa Tecla.

Vida persoal Casou con María Luz Silva e foi pai de Francisco Javier, María José, María Lucía e Ermelindo Portela Silva.

Recoñecementos Foi nomeado fillo predilecto da Guarda en marzo de 2004.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Hermelindo Portela Gómez

Categoría:Médicos da Guarda Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados na Guarda Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes