Manuel Díaz González, coñecido como Ligero, nado en Camposancos (A Guarda) o 22 de decembro de 1923 e finado na Guarda o 21 de outubro de 1989, foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria Foi peón e albanel na empresa Moreira. Dedicouse ao estraperlo e despois ao contrabando de tabaco. Logo de pasar polo cárcere de Carabanchel, foi condenado no macroxuízo 11/84 (2015): Fariña. Libros del K.O., páx. 40..
Presidiu o Club Sporting Guardés. Foi Tenente Alcalde da Guarda con Raimundo Lomba González e Raúl González Puebla. Foi deputado provincial dende 1983. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido alcalde da Guarda con maioría absoluta, permanecendo no cargo ata o seu falecemento en 1989.
Vida persoal Casou con Lucía Martínez Veloso.
Recoñecementos En 1990 foi nomeado fillo predilecto da Guarda e inaugurouse un monumento na súa memoria"Antúnez Díaz inmortalizó al ex alcalde guardés Manuel Díaz", La Voz de Galicia, 20 de xaneiro de 2008 ..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Guarda
Ligazóns externas Manuel Díaz González "Ligero"
Categoría:Alcaldes da Guarda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados na Guarda Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Contrabandistas de Galicia