José Peñarredonda Fernández, nado o 27 de outubro de 1893Anuario Militar de España, 1922, p. 447. e finado en febreiro de 1961, foi un militar e político galego.

Traxectoria Ingresou no Exército en 1911. Capitán de infantaría, en 1917 era segundo tenente do Batallón Cazadores de las Navas en Larache (Marrocos). Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente da Unión Patriótica de Tui. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Tui o 26 de xullo, permanecendo no cargo até o 26 de outubro de 1936. Dirixiu a represión no Baixo Miño."Lévao e mátao" Participou na guerra ao mando da 3º Compañía da Bandeira Franco da Lexión estranxeira. Foi ascendido a comandante en febreiro de 1937BOE, 6-2-1937, p. 335. e estivo ao mando da IX Bandeira do Terceiro Terzo da Lexión. No mes de xullo de 1937 a Bandeira do Terzo que mandaba Peñarredonda fixo un desfile polo centro de Teruel no que "llevaba enarbolados en la punta de sus bayonetas, piernas, brazos, orejas, testículos y otros restos de un centenar de rojos hechos prisioneros en Bezas y que previamente dejados en pelota fueron fusilados con ametralladora en la plaza del pueblo...", actuación que foi protestada polo bispo.Requetés y atrocidades del franquismoEdgar González, requetés y represión Durante a batalla do Ebro era xefe dunha das brigadas da 50 División que foi desbordada e en parte aniquilada polo exército republicano. Como consecuencia foi expedientado. Foi separado do exército en setembro de 1938.BOE, 15-9-1938, p. 1250. Retirouse como comandante. Finou a finais de febreiro de 1961.Faro de Vigo, 1-3-1961, p. 9.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1893

Categoría:Finados en 1961