O club dos 27 é un termo que fai referencia á crenza de que un número estrañamente elevado de músicos populares e outros artistas morreron ós 27 anos, moitas veces como resultado do abuso das drogas e do alcol ou por medios violentos, como o homicidio ou o suicidio.
Non obstante, os estudos estatísticos desvelan que as mortes non seguen un padrón inhabitual.
O club dos 27 foi repetidamente citado en revistas de música, revistas en xeral e xornais. Fixéronse varias exposicións dedicadas á idea, así como novelas, películas e obras de teatro. Houbo moitas teorías e especulacións diferentes sobre as causas de tales mortes precoces e as súas posibles conexións. O biógrafo de Kurt Cobain e Jimi Hendrix, Charles R. Cross, escribe: "O número de músicos que morreron ós 27 anos é realmente notable para calquera padrón considerado. [Inda que] os humanos morran regularmente a tódalas idades, hai un pico estatístico para os músicos que morren ós 27".
Orixe do termo Brian Jones, Jimi Hendrix, Janis Joplin e Jim Morrison, morreron todos á idade de 27 anos entre 1969 e 1971. A coincidencia suscitou naquela época algúns comentarios, pero a idea dun "club dos 27" comezou a incorporarse na percepción pública dúas décadas e media máis tarde, trala morte de Kurt Cobain.
Segundo o biógrafo de Hendrix e Cobain, Charles R. Cross, a importancia crecente dos medios de comunicación –Internet, televisión e revistas– e a resposta da nai de Kurt Cobain nunha entrevista son, asemade, responsables de tales teorías. Refírese Cross a un belisco das declaracións feitas pola nai de Cobain, Wendy Fradenburg Cobain O'Connor, no xornal The Daily World de Aberdeen, Washington: –"Agora que se foi e se uniu a ese estúpido club. Díxenlle que non se unira a ese estúpido club", aludindo segundo Cross, a Hendrix, Joplin e Morrison, finados á mesma idade. Outros autores comparten a súa opinión. Emporiso, Josh Hunter e Eric Segalstad, autor de 27s: The Greatest Myth of Rock & Roll, entenden que a nai de Kurt Cobain se refire á morte de seu tío e seu tío-avó, falecidos ámbolos dous a consecuencia do suicidio. Conforme Cross, os acontecementos levaron a un "conxunto de teorías da conspiración [que suxiren a] noción absurda de que Kurt Cobain preparou á mantenta a súa morte para formar parte do club dos 27".
Cando Amy Winehouse morreu no ano 2011 á idade de 27, dezasete anos despois da morte de Kurt Cobain, houbo novamente grande atención por parte dos medios de comunicación relacionada con este asunto. O que fora seu asistente persoal Alex Haines, afirmou trala morte de Winehouse que tres anos antes ela lle confesara o temor de falecer a esa idade.
Estudos científicos Un estudo publicado no British Medical Journal en decembro de 2011 concluíu que non había un incremento no risco de morte para os músicos á idade de 27 anos. Aínda que os músicos incluídos na mostraxe afrontaban un risco de morte maior entre os 20 e os 30 anos, mais isto non o limitaba ós 27. Unha pescuda non formal consultando automaticamente os datos da Wikipedia (vía DBpedia) no 2012 chegou efectivamente á mesma conclusión: "Ben pode haber un club dos 27 de músicos malditos, pero o club dos 74 é máis popular". Un artigo en The Independent do ano 2015 confirma tamén a evidencia estatística que os músicos populares non son máis propensos a morrer á idade de 27.
Referencias na música A canción 28, de John Craigie do seu álbum Montana Tale, é sobre o club. Os tres versos refírense á morte de Jim Morrison, Janis Joplin e Kurt Cobain, respectivamente.
Fai referencia ó asunto a canción 27 Forever de Eric Burdon, do seu álbum de 2013 ′Til Your River Runs Dry.
O nome da canción 27 Club de letlive, do seu disco The Blackest Beautiful refírese ó club.
O oitavo álbum de estudio de Magenta, The Twenty Seven Club, fai alusión directa ó club. Cada canción é un tributo a algún membro do club.
O título da canción 27 de Fall Out Boy do seu álbum Folie à Deux refírese ó club. A canción explora os estilos de vida hedonista comúns no rock and roll. Pete Wentz, o letrista principal de Fall Out Boy, escribiu a canción porque sentía que estaba vivindo unha vida perigosa similar.
Membros identificados co club dos 27
Nome Data da morte Causa oficial da morteAptitudes IdadeReferenciasó club dos 27 Descoñecida Compositor, pianista e director Esclerosis neurosifilítica Músico de ragtime Envelenamento (estricnina [non atribuído]) Guitarrista e cantante de blues Complicacións derivadas da hipertensión arterial Pianista de swing jazz Accidente de automóbil Cantante, pianista e compositor de R&B Sobredose Vocalista de The Drifters Ataque ó corazón Cantante de gospel e R&B Envelenamento (monóxido de carbono) Membro orixinal e guitarrista da banda Spanky and Our Gang Sobredose (somníferos) Cantante de rock and roll Afogamento (o informe forense afirma que "a morte foi a causa dun infortunio")Wyman 2002, p. 329 Fundador dos Rolling Stones, guitarrista e multi-instrumentalista Accidente de automóbil Vocalista de schlager alemán Sobredose (barbitúricos), posible suicidio Líder, cantante e principal compositor de Canned Heat Asfixia no seu propio vómito (tralo consumo de barbitúricos) Pioneiro da guitarra eléctrica, cantante e compositor de The Jimi Hendrix Experience e Band of Gypsys Sobredose (probablemente heroína) Vocalista e compositora de Big Brother and the Holding Company, Kozmic Blues Band e Full Tilt Boogie Band AsasinadoLíder, vocalista e baixista de Dyke and the Blazers Insuficiencia cardíaca Cantante, letrista e líder de The Doors Complicacións derivadas da diabetes Cantante de soul Electrocución Guitarrista de Stone the Crows Hemorraxia gastrointestinal Membro fundador, teclista e cantante de Grateful Dead Feridas producidas ó caer dun cabalo Cantante e percusionista de Bloodstone Accidente de aviación Organista de Chase Edema pulmonar Baixista de The Stooges Suicidio por aforcamento Teclista e guitarrista, líder de Badfinge Sobredose (heroína) Baixista de Uriah Heep e da Keef Hartley Band Accidente de automóbil Cantante Envelenamento (monóxido de carbono) Baixista da banda de prog rock Triumvirat Accidente de automóbil Cantante, compositor e guitarrista da banda de power pop Big Star, tamén como solista Accidente de automóbil e complicacións médicas subsecuentes Guitarrista de The Count Bishops Accidente de automóbil Cantante de reggae de Inner Circle Accidente de automóbil Guitarrista e cantante da banda de punk Minutemen Caída dende as alturas, probable suicidio Poeta, músico de rock e compositor Sobredose (speedball) Pintor e artista do graffiti, formou a banda Gray Accidente de motocicleta Batería de Echo & the Bunnymen Accidente de aviación Cantante de country e guitarrista/violinista de Reba McEntire Accidente de aviación Teclista de Reba McEntire Cáncer Fundador do grupo búlgaro Nova Generacia Asasinada Cantante de The Gits c. Suicidio dun disparo Fundador, cantante, guitarrista e compositor de Nirvanac. Sobredose (heroína) Baixista de Hole e Janitor Joe Desaparecido, oficialmente dado por morto o 3 de novembro de 2008 Letrista e guitarrista de Manic Street Preachers Asasinado Cantante de rap Asasinado Cantante de rap e membro de Screwed Up Click Asasinado Cantante de rap e membro do grupo de hip hop Lost Boyz Hemorraxia subaracnoide Batería de Malice Mizer Accidente de automóbil Cantante de cuarteto Asfixia Cantante de Ink & Dagger Accidente de aviación (voo 3597 de Crossair) Segunda voz de Passion Fruit Sobredose (heroína) Control de son de The Mars Volta e De Facto Suicidio por aforcamento Actor de cine e televisión Sobredose (medicación prescrita) Guitarrista de American Head Charge Sobredose Membro fundador e cantante de Prti Bee Gee Asasinado Cantante de banda mexicana Intoxicación etílica Cantante e compositora Paro cardíaco Trompetista, colaborador en Friendly Fires Enfermidade non desvelada Cantante de Visions of Atlantis Asasinado Guitarrista de The Yellow Dogs Accidente de automóbil Cantante de pop e actríz Accidente de automóbil Baixista de Viola Beach Cáncer Guitarrista de Surfer Blood Asfixia por contusión traumática accidental Intérprete de Pavel Chekov no reboot cinematográfico Star Trek Beyond, guitarrista de The Hammerheads
Notas
Véxase tamén Outros artigos Maldición da novena sinfonía
Categoría:Listas de personalidades da música Categoría:Numeroloxía