miniatura|130px|Portada do 1º vol. de Natuurlijke Historie. Maarten (Martin ou Martinus) Houttuyn, nado en 1720 en Hoorn (hoxe na provicia de Holanda Setentrional, Países Baixos), e finado en 1798, foi un médico e naturalista neerlandés.

Traxectoria Nado no seo dunha comunidade menonita, Houttuyn estudou medicina en Leyden, onde exerceu algúns anos despois de defender a súa tese de doutoramento, en 1749.

En 1753 instálase en Ámsterdam, onde fundou unha editorial. Entre 1761 e 1785 publicou a súa monumental obra Natuurlyke Historie of uitvoerige Beschrÿving der Dieren, Planten en Mineraalen, volgens het Samenstel van der Heer Linnaeus en 37 volumes que totalizan 8600 páxinas de texto e 296 ilustracións (gravadas en coiro). Frecuentemente considerada como unha simple tradución das obras de Carl von Linné, a Natuurlyke Historie constitúe unha obra orixinal. Nela figuran gran número de gabinetes de curiosidades (ou cuartos de marabillas), onde describe varias coleccións dos seus compatriotas.

Contra 1786 decidiu vender as súas coleccións e elaborou un catálogo anotado, publicado en dúas partes, para as vendas que se celebraron en 1787 (coleccións de animais) e en 1789 (coleccións de plantas)

Obras principais Natuurlyke Historie of uitvoerige Beschrÿving der Dieren, Planten en Mineraalen, volgens het Samenstel van der Heer Linnaeus. 37 vol., Amsterdam, 1761–1785. Deel 1, Stuk 1–18: Dieren. 1761–1773, 143 ill. Deel 2, Stuk 1–14: Planten. 1773–1783, 105 ill. Deel 3, Stuk 1–5: Mineralen. 1780–1785, 48 ill. Sepp, J. C. [& Houttuyn, M.], «Houtkunde, behelzende de afbeeldingen van meest alle bekende, in- en uitlandsche houten die tot den huis- en scheepsbouw, tot schrynwerk, werktuigen en gereedschappen, tot verwstoffen en in de geneeskunde, worden gebruikt... », 2 vols, Amsterdam, 1791-1795, 106 láminas en cor (Ler en liña (pdf)). Consultada o 18 de decembro de 2016.

Abreviaturas A abreviatura Houtt. emprégase para indicar a Maartin Houttuyn como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais. A abreviatura Houttuyn emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Epónimo Carl Peter Thunberg nomeou na súa honra o xénero Houttuynia (Saururaceae).

Notas

Véxase tamén Bibliografía M. Boeseman (1997). Collectors and Fish Collections of the Rijksmuseum van Natuurlijke Historie in Leiden, Netherlands (1820-1980), Collection building in ichthyology and herpetology (PIETSCH T.W.ANDERSON W.D. dir.), Special publication, number 3, American Society of Ichthyologists and Herpetologists : 81-100. ISBN 0-935868-91-7. D. O. Wijnands, «The letters of Maarten Houttuyn to Carl Peter Thunberg (1780-1790)», Proceedings of the Koninklijke Nederlandse Akademie van Wetenschappen. Series C, Biological and Medical Sciences, vol. 93, 1990, p. 77-95. M. Boeseman & W. de Ligny (2004): "Martinus Houttuyn (1720-1798) and his contributions to the natural sciences, with emphasis on zoology". Zoologische Verhandelingen Leiden 349; 1-222. Ler en liña (pdf). Consultada o 18 de decembro de 2016.

Ligazóns externas F. A. Stafleu (1971): "Houttuyn, Maarten (Martin) (1720-1798)" en Linnaeus and the Linnaeans . Consultada o 18 de decembro de 2016.

Categoría:Científicos dos Países Baixos Categoría:Zoólogos dos Países Baixos Categoría:Nados en 1720 Categoría:Nados en Holanda Setentrional Categoría:Finados en 1798