Ángel Álvarez Durán, coñecido como Geluco, nado en 1931 e finado en Vigo o 24 de marzo de 1998,La Voz de Galicia, 25-3-1998, p. 52. foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Ángel Álvarez Pérez. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Tui e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do Partido Galeguista e volveu ser elixido alcalde grazas a un pacto de goberno. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de Independentes de Galicia, perdendo a alcaldía en favor de Juan Manuel Diz Guedes, de Unión Tudense. Mántivose como concelleiro de Converxencia Nacionalista Galega tralas eleccións de 1991 e 1995, chegando a apoiar a moción de censura de febreiro de 1998 que descabalgou a Miguel Ángel Capón Rey en favor de Antonio Fernández Rocha, se ben non entrou a formar parte do seu goberno e se mantivo na oposición ata o seu falecemento.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Tui

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 1998