A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e da Rede de Bibliotecas Públicas do Estado, como unha das 53 bibliotecas que a constitúen. A súa xestión foi transferida a través da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Está adicada a Antonio Odriozola Pietas, quen se estableceu en Pontevedra en 1964, onde levou a cabo gran parte do seu traballo como bibliógrafo, investigador e erudito.
Historia A Biblioteca Pública de Pontevedra naceu no ano 1848, data na que recibiu os antigos fondos de mosteiros e conventos extinguidos pola Desamortización. Instalouse no Instituto Provincial de Segunda Ensinanza, no antigo Colexio dos Xesuítas, abrindo as súas portas o 2 de febreiro de 1849.
Ao longo da súa historia ocupou diferentes sedes. En 1907 situouse no Pazo Provincial pasando despois ao arquivo da Delegación de Facenda e, por último, no Instituto de Ensinanza Media en 1931. En 1960 trasladouse ao edificio do Paseo de Colón da Casa dos Fonseca, compartindo espazo co Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Para poñer fin á situación de falta de espazo e escaseza que sufrían a Casa dos Fonseca e a biblioteca, e tras estudar varias posibles localizacións, o 7 de setembro de 1984 o Ministerio de Cultura comprou un soar utilizado como garaxe pola empresa de autobuses La Unión, na rúa Afonso XIII. O Ministerio de Cultura construíu alí un novo edificio de cinco plantas para a biblioteca (soto, planta baixa e catro pisos).
O proxecto foi realizado polo arquitecto do Ministerio de Cultura Julio Simonet Barrio. Deseñou un edificio de 3.300 metros cadrados distribuídos en cinco plantas, con tres salas de lectura para 200 persoas cada unha, unha sala de reunións e conferencias, unha fonoteca e unha sala de exposicións, así como catro grandes depósitos cunha capacidade total de 280.000 libros. A finais de 1987 a biblioteca trasladouse a esta localización e o edificio foi inaugurado o 21 de xaneiro de 1988.
En 1989 a xestión da biblioteca pasou a ser asumida pola Xunta de Galicia.
O 28 de abril de 1995, a Biblioteca Pública de Pontevedra recibiu o nome de Antonio Odriozola, en honra ao seu labor como bibliógrafo e investigador dos fondos da biblioteca.
Instalacións miniatura|Sala infantil Planta baixa: a biblioteca conta cunha sala de exposicións e un salón de actos con capacidade para 249 persoas. Están nesta planta tamén os aseos para persoas con discapacidade e os cambiadores de cueiros. Primeira planta: ocupan o primeiro andar a sala de obradoiros con capacidade para 25 persoas, a sala de reunións para 20 persoas e a sala infantil da biblioteca, con fondos para rapaces de 0 a 14 anos, e unha colección de pais e nais. Segunda planta: a sala de préstamo de adultos ocupa toda a segunda planta da biblioteca. Pódense atopar aquí publicacións periódicas actuais (prensa e revistas), os audiovisuais, os cómics e a colección accesible, ademais dunha ampla colección de literatura e libros informativos. Está neste mesmo andar o despacho de dirección. Terceira planta: aquí está a sala de consulta e estudo da biblioteca, que conta cunha ampla colección de referencia non prestable a domicilio. É aquí onde se debe consultar o fondo antigo da hemeroteca, os boletíns oficiais en liña, as coleccións especiais e o fondo antigo da biblioteca, e onde se prestan os portátiles de uso en sala.
Coleccións A biblioteca de Pontevedra conta con: Colección local sobre temas e autores pontevedreses que inclúe o Depósito Legal. Colección infantil para lectores de 0 a 13 anos dividida por idades e centros de interese. A colección infantil compleméntase cun centro de interese permanente con libros e outros materiais para pais e nais. Hemeroteca con títulos desde o século XIX ata a actualidade, entre os que atopamos revistas, prensa e boletíns oficiais. Sección de audiovisuais que conta cunha colección de vídeos, DVD, Blu-ray, CD e CD-ROM, casetes e discos de vinilo. Colección de cómic está formada por cómics de tódolos xéneros (aventuras, novela gráfica, humor, fantasía, ciencia ficción...) con espazo para a banda deseñada en galego, e tamén o cómic norteamericano, español, europeo, hispanoamericano e o manga xaponés. Colección de libros informativos está formada por documentos de non ficción clasificados pola Clasificación Decimal Universal (CDU). Coleccións especiais: Ademais dos primitivos fondos provenientes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe. Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro. Libros en homenaxe a Losada Diéguez. Biblioteca Muruais, de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIX. Parte da biblioteca das irmás Mendoza. Fondos da biblioteca do profesor Carlos Villar. Así mesmo, entre os seus fondos antigos posúe dez incunábeis, vinte manuscritos e cerca de 2 000 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII. Colección accesible de libros adaptados a lectores que teñen diferentes disfuncións de lectura. Literatura: Fondo composto polas obras literarias (novelas, poesía, teatro...) destinadas a adultos, e a crítica literaria. Colección xuvenil.
Servizos A biblioteca pon á disposición dos usuarios unha serie de servizos adicionais que se listan a continuación: Consulta en sala. Préstamo (individual, colectivo e interbibliotecario). Préstamo de portátiles e lectores de libros electrónicos. Investigación e/o sección local. Servizo de Información e Referencia. Formación de usuarios. Visitas guiadas. Servizo de reprodución de documentos (fotocopia). Salas de traballo en grupo; salón de actos; sala de exposicións (posibilidade de reserva de salas). Biblioteca accesible
Servizos electrónicos Algúns servizos electrónicos que ofrece a Biblioteca son: Acceso ao catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia Acceso a documentos electrónicos en soporte físico Acceso a documentos electrónicos en rede local e/ou en servidores de provedores Acceso público a Internet Servizo Wi-Fi Páxina Web Ofimática Servizo de subministración electrónica Servizo de equipamento informático accesible con hardware e software adaptados a persoas con problemas físicos e cognitivos
Actividades Asistencia e colaboración con eventos culturais Exposicións e mostras bibliográficas Aprendizaxe (Formación en: idiomas, ofimática, navegación por Internet,...) Formación de GaliciaLe Animación a lectura e/ou Clubs de lectura
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas bibliotecapontevedra.blogspot
Categoría:Bibliotecas de Galicia Categoría:Cultura en Pontevedra