miniatura|Monólito en homenaxe a Celedonio de Uribe na Coruña Celedonio de Uribe y Urbiquiain, nado en Oiartzun (Guipúscoa) o 28 de xaneiro de 1823 e finado en Madrid o 11 de maio de 1871, foi un enxeñeiro de camiños, canais e portos vasco.

Traxectoria Uribe rematou os seus estudos en 1847, tras os que foi nomeado enxeñeiro e destinado en Ourense. Tras pasar por Castellón e Valencia en 1859 foi nomeado enxeñeiro xefe da provincia da Coruña. Durante a súa estadía en Galicia participou nos estudos dos faros do plan de iluminación marítima e redactou actuacións de enxeñería en localidades como Pontedeume, Mugardos e Ribeira. Puxo en funcionamento os faros das illas de Sálvora e da Arousa, inaugurados no mesmo día.

En 1867 deseñou a ampliación do porto da Coruña sobre a que se crearon os xardíns de Méndez Núñez e o primeiro proxecto da dársena da Mariña.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Nados en Oiartzun Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1871