John Keats (AFI: ), nado en Londres o 31 de outubro de 1795 e finado en Roma o 23 de febreiro de 1821, foi un poeta inglés do Romanticismo. Foi unha das principais figuras da segunda xeración de poetas románticos, coincidindo con Lord Byron e Percy Bysshe Shelley, a pesar de que comezou a publicar as súas obras catro anos antes da súa morte por tuberculose.O'Neill and Mahoney (1988), 418

Durante a súa curta vida a súa obra foi obxecto de constantes ataques e non foi senón até moito despois que foi completamente reivindicada. A lírica de Keats caracterízase por unha linguaxe exuberante e imaxinativa, temperado pola melancolía. Keats tiña con frecuencia a sensación de traballar á sombra dos grandes poetas do pasado e só cara ao final da súa efémera vida, cando sentía preto a escuridade da morte, foi capaz de producir os seus poemas máis auténticos e memorables.

Na actualidade, os seus poemas son dos máis populares e analizados da literatura inglesa, así como as súas cartas.Kelvin Everest, "Keats, John (1795–1821)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004 Online (subscription only)

Traxectoria John Keats naceu en Finsbury Pavement, nos arredores de Londres; o seu pai era propietario dunha corte de cabalos e morreu ao caer dun cabalo en 1803, cando o poeta tiña só sete anos. A súa nai volveu casar enseguida, pero este segundo matrimonio foi infeliz e a nai non tardou en abandonar o seu marido e trasladarse a vivir á casa da avoa de Keats en Enfield con Keats, a súa irmá e outros tres irmáns, dos cales un non tardou en morrer. Alí o poeta foi a unha boa escola e antes dos quince anos xa lera os clásicos e traducía a Virxilio; con todo, a nai morreu en 1810 de tuberculose, deixándoos a el e os seus irmáns ao coidado da súa avoa.

esquerda|miniatura|284x284px|Reprodución do rostro de Keats nunha máscara por Benjamin Haydon, 1816. Esta nomeou dous titores que puidesen coidar os orfos; estes sacaron a Keats da súa antiga escola e convertérono en aprendiz de cirurxián até 1814, cando, tras unha pelexa co seu mestre, abandonou ese posto e foi estudar noutro hospital da zona. Durante aquel ano, John dedicou cada vez máis e máis tempo ao estudo da literatura e, aínda que se graduou en Farmacia, só exerceu dous anos, tras os cales se entregou por completo á poesía. miniatura|282x282px|Casa de Keats en Roma.

A lectura da obra de Edmund Spenser, concretamente The Faerie Queene, supuxo para Keats un punto de inflexión no seu desenvolvemento literario e inspirou a creación do seu primeiro poema: "Imitation of Spenser". Enseguida coñeceu o poeta e editor Leigh Hunt, embarcado na defensa do Romanticismo; estabeleceu unha amizade con el e este introduciuno no selecto círculo dos máis destacados poetas da súa época, como Percy B. Shelley e Lord Byron, cos cales tamén estableceu amizade. Hunt publicou o seu "Imitation of Spenser" en 1816 no seu xornal Examiner, así como os seus primeiros sonetos, como "On First looking into Chapman's Homer", inspirado na lectura da Ilíada e a Odisea traducidas por George Chapman no século XVII. Un ano despois, publicou o seu primeiro poemario titulado simplemente Poems (1817). Esta primeira colección non tivo boa acollida, sobre todo pola súa relación co controvertido editor, quen era ademais un crítico literario moi displicente e gañouse inimigos poderosos entre os poetas e escritores da súa época.

En 1817 trasladouse á illa de Wight, onde comezou a traballar nun novo libro. Pouco despois tivo que encargarse de coidar o seu irmán Tom, vítima da tuberculose, como a súa nai. Esta enfermidade supuxo para o poeta case unha maldición bíblica, pois habería de decimar a súa familia e terminar coa súa propia vida. Tras finalizar o seu poema épico Endymion, Keats iniciou unha viaxe por Escocia e Irlanda en compañía do seu amigo Charles Brown, e durante esta viaxe el tamén empezou a mostrar signos de infección, polo que tivo que volver prematuramente. Ao seu regreso, atopouse con que Tom empeorara considerablemente; ao fin, morreu en 1818. Ao pesar pola morte do seu irmán uniuse o feito de que a crítica recibira con hostilidade a súa Endymion, do mesmo xeito que fixera antes cos seus Poemas. Keats decidiu entón volver trasladarse, esta vez a vivir na casa londiniense do seu amigo Brown. Alí coñeceu a Fanny Brawne, quen estivera vivindo na casa de Brown coa súa nai, e, ao pouco, namorouse dela. A publicación póstuma da correspondencia entre ambos escandalizou a sociedade vitoriana.

Entre tanto, durante a primavera e o verán de 1819 Keats escribía os seus mellores poemas: "Ode to Psyque", "Ode on a Grecian Urn" e "Ode to a Nightingale", pezas clásicas da literatura inglesa, que apareceron no terceiro e mellor dos seus libros, Lamia, Isabella, The Eve of St. Agnes and Other Poems (1820). O primeiro é un tributo a unha deusa que, aparentemente, non tivo un gran culto na Grecia antiga; Keats promete a Psique construírlle un santuario. No segundo, "Ode on a Grecian Urn", tenta falar cunha urna que descobre nun museo, sorprendido polo misterio suspendido na eternidade do que revela; a urna respóndelle as palabras seguintes «a beleza é a verdade, a verdade é beleza, isto é todo... o que necesitas saber». En "Ode to a Nightingale", o eu lírico elévase entre as árbores, coas ás da palabra poética, para reunirse co rousinol que alí canta; iso sérvelle para comparar a natureza eterna e transcendental dos ideais coa fugacidade do mundo físico: o poeta, que se sente morrer, ansía esa eternidade. miniatura|388x388px|Wentworth Place, agora un museo da casa de Keats (á esquerda). Ao ano seguinte, a súa relación con Fanny tivo que concluír cando a tuberculose de Keats se agravou sensiblemente. Os médicos aconselláronlle que se afastase do frío clima de Londres e marchase á asollada Italia; Keats marchou a Roma co seu amigo o pintor Joseph Severn, convidado por outro amigo, Percy Shelley. Durante un ano a súa saúde pareceu mellorar, pero ao cabo volveu quebrantarse e morreu a principios do ano seguinte, o 23 de febreiro de 1821, á beira da romana praza de España.P. Ugalde, Cronología, a Keats, Endimión, Bosch, 1977, p. 18

En honra ao seu amigo, Shelley escribiu o seu poema "Adonaïs". O corpo de Keats está enterrado no cemiterio protestante de Roma. Sobre a súa lápida, segundo quería que fose o seu epitafio, lese «Aquí xace alguén cuxo nome foi escrito na auga».Os lectores cultos da época detectarían sen dúbida a alusión ao poema 70 de Catulo: sed mulier cupido quod dicit amanti, / in vento et rapida scribere oportet aqua, "mais o que di a muller ao seu amante apaixonado no vente e a auga veloz convén escribilo". Existe un retrato de Keats pintado por William Hilton. miniatura|284x284px|Tumba de Keats en Roma.

Obra On First looking into Chapman's Homer (1816) Sleep and Poetry (1816)Hirsch, Edward (2001) Endymion (1817)Adonaïs (Adonaïs: An Elegy on the Death of John Keats, Author of Endymion, Hyperion etc.) by Shelley, published 1821 Hyperion (1818) On Sitting down to Read King Lear Once Again (1818) The Eve of St. Agnes (1819)A preface to Keats (1985) Cedric Thomas Watts, Longman, University of Michigan p90 ISBN 978-0-582-35367-1 Bright Star (1819) La Belle Dame sans merci (1819)"Keats, John". Encyclopædia Britannica, Ninth Edition, Vol. XIV. Cambridge: Cambridge University Press, 1882. 22–24 Ode to Psyche (1819)Hart, Christopher. (2 August 2009.) "Savour John Keats' poetry in garden where he wrote ". The Sunday Times. Retrieved 29 January 2010. Ode to a Nightingale (1819)Brown, Charles Armitage. Life of John Keats. London. Oxford University Press, 1937. pp.53-54. Ode on a Grecian Urn (1819) Ode on Melancholy (1819) Ode on Indolence (1819) Lamia and Other Poems (1819)Gittings (1968), 504 Ode to Autumn (1819) The Fall of Hyperion: A Dream (1819)

Cartas A mansión das innumerables estanciasThe Mansion of Many ApartmentsThe Mansion of Many Apartments by Keats, JohnThe Mansion of Many Apartments by John Keats (Carta a John Hamilton Reynolds, 3 de maio de 1818)

Negative Capability (Carta aos irmáns de decembro de 1817)

Miscelánea A película Bright Star (Jane Campion, 2009) escenifica os seus últimos tres anos de vida. A saga de ciencia ficción Hyperion, do novelista Dan Simmons, constitúe unha sentida homenaxe ao poeta, con diversas referencias á súa obra e persoa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

En castelán

En inglés

Keats's Poetry and Prose. Ed. Jeffrey N. Cox. Nova York: W.W. Norton Co., 2008. ISBN 978-0-393-92491-6 John Keats. Ed. Susan Wolfson. Longman, 2007. Selected Letters of John Keats. Ed. Grant F. Scott. Harvard University Press, 2002. John Keats: Poetry Manuscripts at Harvard, a Facsimile Edition. Ed. Jack Stillinger. Harvard University Press, 1990. ISBN 0-674-47775-8 Complete Poems. Ed. Jack Stillinger. Harvard University Press, 1982. The Poems of John Keats. Ed. Jack Stillinger. Harvard University Press, 1978. The Letters of John Keats 1814–1821 Volumes 1 and 2 Ed. Hyder Edward Rollins. Harvard University Press, 1958. The Complete Poetical Works of John Keats. Ed. H. Buxton Forman. Oxford: Oxford University Press, 1907. The Complete Poetical Works and Letters of John Keats. ed. Horace Elisha Scudder. Boston: Riverside Press, 1899. Bate, Walter Jackson. Negative Capability: The Intuitive Approach in Keats. Nova York: Contra Mundum Press, 2012. Cox, Jeffrey N. Poetry and Politics in the Cockney School: Keats, Shelley, Hunt and Their Circle. Cambridge: Cambridge University Press, 2004. ISBN 978-0-521-60423-9 Kirkland, John (2008). Love Letters of Great Men, Vol. 1. CreateSpace Publishing. Kottoor, Gopikrishnan (1994). The Mask of Death: The Final Days of John Keats, (A Radio Play). Writers WorkShop Kolkata, 1994. Lowell, Amy (1925). John Keats. 2 vols. Boston: Houghton Mifflin. Parson, Donald (1954). Portraits of Keats. Cleveland: World Publishing Co. Plumly, Stanley (2008). Posthumous Keats. Nova York: W.W. Norton & Co. Richardson, Joanna (1963). The Everlasting Spell. A Study of Keats and His Friends. Londres: Cape Richardson, Joanna (1980). Keats and His Circle. An Album of Portraits. Londres: Cassell. Rossetti, William Michael (1887). The Life and Writings of John Keats. Londres: Walter Scott. Turley, Richard Marggraf (2004). Keats' Boyish Imagination. Londres: Routledge, ISBN 978-0-415-28882-8

Outros artigos

Romanticismo Literatura do Romanticismo en Inglaterra Les Poètes maudits (Os Poetas Malditos, en galego)

Ligazóns externas

Keats, John (1795-1821) Poet no National Register of Archives (en inglés).

Fontes

Bate, Walter Jackson (1964). John Keats. Cambridge, Mass.: Harvard University Press. Bate, Walter Jackson (2012). Negative Capability: The Intuitive Approach in Keats (1965), reprinted with a new intro by Maura Del Serra. Nova York: Contra Mundum Press, 2012. Brown, Charles Armitage (1937). The Life of John Keats, ed. Londres: Oxford University Press. Chapman, D. (2012). What's in an Urn?, Concept, ISBN 978-1-291-14311-9. Colvin, Sidney (1917). John Keats: His Life and Poetry, His Friends Critics and After-Fame. Londres: Macmillan. Colvin, Sidney (1970). John Keats: His Life and Poetry, His Friends, Critics, and After-Fame. Nova York: Octagon Books. Coote, Stephen (1995). John Keats. A Life. Londres: Hodder & Stoughton. De Almeida, Hermione (1991). Romantic Medicine and John Keats. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-506307-4 Gittings, Robert (1954). John Keats: The Living Year. 21 September 1818 to 21 September 1819. Londres: Heinemann. Gittings, Robert (1964). The Keats Inheritance. Londres: Heinemann.

Gittings, Robert (1968). John Keats. Londres: Heinemann. Gittings, Robert (1987) Selected poems and letters of Keats Londres: Heinemann. Goslee, Nancy (1985). Uriel's Eye: Miltonic Stationing and Statuary in Blake, Keats and Shelley. University of Alabama Press. ISBN 0-8173-0243-3