Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2017. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2017".

Personalidades internacionais

Xaneiro 1 de xaneiro, Tony Atkinson, 72 anos, economista inglés, investigador da pobreza e da renda mínima universal. 1 de xaneiro, Derek Parfit, 74 anos, filósofo e moralista inglés. 2 de xaneiro, John Berger, 90 anos, crítico de arte, pintor e escritor inglés, causas naturais. 3 de xaneiro, Igor Volk, 79 anos, cosmonauta soviético. 4 de xaneiro, Georges Prêtre, 92 anos, primeiro e máis lonxevo director de orquestra francés en dirixir o Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker. 5 de xaneiro, Tullio de Mauro, 84 anos, lingüista estruturalista e ministro italiano. 6 de xaneiro, Octavio Lepage, 93 anos, expresidente de Venezuela. 6 de xaneiro, Ricardo Piglia, 75 anos, novelista arxentino, esclerose lateral amiotrófica. 7 de xaneiro, Mário Soares, 92 anos, antigo presidente da República Portuguesa. 8 de xaneiro, Akbar Hashemi Rafsanjani, 82 anos, antigo presidente de Irán, doenza cardíaca. 9 de xaneiro, Zygmunt Bauman, 92 anos, sociólogo polaco. 10 de xaneiro, Roman Herzog, 84 anos, antigo presidente de Alemaña. 10 de xaneiro, Clare Hollingworth, 105 anos, xornalista británica, a primeira en informar da invasión de Polonia e, xa que logo, do comezo da segunda guerra mundial. 13 de xaneiro, William Peter Blatty, 89 anos, escritor e director de cinema estadounidense, autor do texto orixinal e da adaptación d'O exorcista, mieloma múltiple. 14 de xaneiro, Zhou Youguang, 111 anos, economista e lingüista chinés, creador do sistema de escritura pinyin. 15 de xaneiro, Jan Szczepański, 77 anos, boxeador polaco, campión olímpico en Múnic (1972). 15 de xaneiro, Isidro Baldenegro, 50 anos, ecoloxista mexicano tarahumara, asasinado a disparos. 16 de xaneiro, Eugene Cernan, 82 anos, astronauta do Apollo 17. 19 de xaneiro, Loalwa Braz, 63 anos, cantante brasileira, líder do grupo de lambada Kaoma, queimada no interior dun automóbil. 19 de xaneiro, Miguel Ferrer, 61 anos, actor estadounidense de televisión, cancro de gorxa. 19 de xaneiro, Ramón Cordero, 76 anos, cantante dominicano, cancro de colon. 20 de xaneiro, Carlos Alberto Silva, 77 anos, exadestrador de fútbol brasileiro, problema cardíaco. 22 de xaneiro, Masaya Nakamura, 91 anos, empresario xaponés do sector dos videoxogos, responsable de Pac-man. 23 de xaneiro, Rikar Gil, 40 anos, actor catalán, como consecuencia dun accidente de moto.Mor l'actor català Rikar Gil als 40 anys , nova en Naciodigital.cat . 23 de xaneiro, Bimba Bosé, 41 anos, modelo e cantante española, cancro de peito, estendido a cerebro, fígado e ósos. 23 de xaneiro, Gorden Kaye, 75 anos, actor británico, coñecido pola serie Aló, aló!. 25 de xaneiro, Mary Tyler Moore, 80 anos, presentadora de televisión estadounidense, pneumonía. 25 de xaneiro - Buchi Emecheta, escritora nixeriana residente no Reino Unido (n. 1944) 27 de xaneiro, Emmanuelle Riva, 89 anos, actriz francesa, cancro. 27 de xaneiro, John Hurt, 77 anos, actor inglés, cancro de páncreas. 28 de xaneiro, Richard Portman, 82 anos, enxeñeiro de son, xefe e responsable de son da saga Star Wars e do filme O Padriño, problemas de saúde. 29 de xaneiro, Stanisław Padewski, 84 anos, bispo católico latino de Khárkiv-Zaporizhia.

Febreiro 2 de febreiro, José Antonio Alonso Suárez, 56 anos, político español, ministro de Defensa e de Interior nos anos 2000, cancro de pulmón. 3 de febreiro, Lorenzo Servitje, 97 anos, empresario mexicano do sector da alimentación, cofundador de Grupo Bimbo. 6 de febreiro, Joost van der Westhuizen, 45 anos, xogador internacional de rugby surafricano, campión do mundo en 1995, ELA. 6 de febreiro, Tzvetan Todorov, 77 anos, semiólogo e filósofo francés. 6 de febreiro, Roger Walkowiak, 87 anos, ciclista francés, gañador do Tour de Francia en 1956. 7 de febreiro, Smail Hamdani, 86 anos, primeiro ministro de Alxeria nos anos 90. 7 de febreiro, Hans Rosling, 68 anos, médico e académico sueco, profesor de Saúde Internacional no Instituto Karolinska, cancro de páncreas. 7 de febreiro, Richard Hatch, 71 anos, actor estadounidense, protagonista de Battlestar Galactica, cancro de páncreas. 7 de febreiro, José Luis Pérez de Arteaga, 66 anos, locutor radiofónico (Radio Clásica) e musicólogo español. 11 de febreiro, Taniguchi Jirō, 69 anos, debuxante xaponés de manga. 12 de febreiro, Al Jarreau, 76 anos, cantante de jazz estadounidense, esgotamento físico. 14 de febreiro, Henrique Nuno de Bragança, 67 anos, nobre portugués, terceiro en orde de pretesión ao trono luso, consecuencias dun traumatismo cranio-encefálico logo dunha caída. 23 de febreiro, Stanisław Skrowaczewski, 93 anos, director de orquestra polaco, derramo cerebral. 25 de febreiro, Neil Fingleton, 36 anos, actor británico, infarto. 25 de febreiro, Pablo Ráez,20 anos, atleta e blogueiro español. 26 de febreiro, Bill Paxton, 61 anos, actor estadounidense, parada cardíaca durante unha operación de corazón. 28 de febreiro, Carlos Humberto Romero Mena, 93 anos, antigo presidente do Salvador, enfermidade non revelada.

Marzo 3 de marzo, Raymond Kopa, 85 anos, antigo futbolista francés, balón de ouro e campión de Europa co Real Madrid. 3 de marzo, René Préval, 63 anos, antigo primeiro ministro e tamén antigo presidente do Haití, infarto. 6 de marzo, Alberto Zedda, 89 anos, director de orquestra italiano. 6 de marzo, Dave Valentín, 64 anos, frautista de jazz portorriqueño, derramo cerebral e párkinson. 8 de marzo, George Andrew Olah, 89 anos, químico húngaro, Premio Nobel en 1994 polos seus traballos sobre os carbocatións. 10 de marzo, John Surtees, 83 anos, antigo campión de automobilismo (Fórmula 1) e de motociclismo, fallo respiratorio. 10 de marzo, Aníbal Ruiz, 75 anos, adestrador de fútbol uruguaio, seleccionador de Paraguai no Mundial de Alemaña 2006, infarto. 10 de marzo, Pere Mir i Puig, 97/98 anos, empresario e mecenas catalán. 11 de marzo, Ángel Parra, 73, cantautor chileno, cancro de pulmón. 12 de marzo, Vladimir Makovich, 54 anos, líder da República Popular de Donetsk, tumor cerebral. 14 de marzo, Royal Robbins, 82 anos, escalador e montañeiro estadounidense, parálise supranuclear progresiva. 17 de marzo, Derek Walcott, 87 anos, poeta de Santa Lucía en lingua inglesa, galardoado co Premio Nobel de Literatura de 1992. 18 de marzo, Chuck Berry, 90 anos, guitarrista de rock estadounidense. 20 de marzo, David Rockefeller, 101 anos, empresario e filántropo estadounidense, infarto. 20 de marzo, Trisha Brown, 80 anos, coreógrafa e bailarina estadounidense, demencia vascular. 21 de marzo, Martin McGuinness, 66 anos, político norteirlandés, antigo membro do IRA, amiloidose. 21 de marzo, Colin Dexter, 86 anos, escritor inglés, creador do Inspector Morse. 24 de marzo, Paloma Gómez Borrero, 82 anos, xornalista e correspondente española no Vaticano, cancro de fígado. 28 de marzo, Alicia de Borbón-Parma, 99 anos, nobre española. 30 de marzo, Aleksei Abrikosov, 89 anos, estadounidense nado na Unión Soviética, premio Nobel de Física polos seus traballos sobre supercondutores. 31 de marzo, Gilbert Baker, 65, anos, deseñador e activista dos dereitos LGBT, creador da bandeira do arco da vella, problema cardíaco. 31 de marzo, James Rosenquist, 83 anos, artista estadounidense, un dos maiores representantes da arte pop, enfermidade.

Abril 1 de abril, Salvador Pániker, 90 anos, enxeñeiro, editor, filósofo e escritor español. 1 de abril, Evgenii Evtushenko, 84 anos, poeta ruso, parada cardíaca como consecuencia dun cancro. 1 de abril, Antonio Lamela, 90 anos, arquitecto español, responsable de edificios icónicos de Madrid. 2 de abril, Ikutaro Kakehashi, 87 anos, enxeñeiro e empresario xaponés, creador dos sintetizadores Roland. 4 de abril, Giovanni Sartori, 92 anos, politicólogo e escritor italiano, crise respiratoria. 6 de abril, Don Rickles, 90 anos, actor estadounidense, insuficiencia renal. 7 de abril, Tim Pigott-Smith, 70 anos, actor británico. 9 de abril, Carme Chacón, 46 anos, política española, que fora ministra de Vivenda e ministra de Defensa, fallo cardíaco derivado dunha cardiopatía conxénita. 13 de abril, Robert Taylor, 85 anos, programador informático estadounidense, un dos pioneiros de Internet, párkinson. 15 de abril, Albero Carneiro, 79 anos, escultor portugués. 15 de abril, Emma Morano, 117 anos, muller italiana, a persoa máis lonxeva do mundo na altura. 21 de abril, Ugo Ehiogu, 44 anos, futbolista internacional con Inglaterra, infarto. 22 de abril, Michele Scarponi, 37 anos, ciclista italiano, vencedor do Giro de Italia (2011), accidente mentres adestraba. 24 de abril, Sebastián Palomo Linares, 69 anos, toureiro español, consecuencias dunha operación de instalación dun baipás. 26 de abril, Jonathan Demme, 73 anos, director de cinema estadounidense, cancro de esófago.

Maio 2 de maio, A. R. Penck, 77 anos, pintor, escultor e músico alemán. 6 de maio, Steven Holcomb, 37 anos, deportista de bobsleigh, campión olímpico en Vancouver 2010, edema pulmonar. 6 de maio, Hugh Thomas, 85 anos, historiador e hispanista inglés, derramo cerebral. 10 de maio, Jean-Denys Boussart, escritor belga en lingua valoa. 15 de maio, Karl-Otto Apel, 95 anos, filósofo alemán. 17 de maio, Chris Cornell, 52 anos, cantante estadounidense, compoñente de Soundgarden e Audioslave, suicidio por aforcamento ou inxestión de pílulas.Washington Post 20 de maio, Jean E. Sammet, 89 anos, enxeñeira de software estadounidense, co-deseñadora da linguaxe COBOL. 22 de maio, Nicky Hayden, 35 anos, piloto de motociclismo estadounidense, lesións causadas por un atropelo nun accidente de bicicleta. 23 de maio, Roger Moore, 89 anos, actor inglés, cancro. 27 de maio, Gregg Allman, 69 anos, músico estadounidense integrante dos Allman Brothers Band, cancro de fígado. 29 de maio, Manuel Antonio Noriega, 83 anos, militar e presidente de Panamá, tumor cerebral. 31 de maio, Liubomyr Huzar, 85 anos, arcebispo maior de Kíiv-Galicia.

Xuño 1 de xuño, Roberto De Vicenzo, 94 anos, golfista arxentino. 1 de xuño, Carles Capdevila i Plandiura, 51 anos, xornalista catalán, cancro. 3 de xuño, David Delfín, 46 anos, deseñador de moda español, tumor cerebral. 4 de xuño, Juan Goytisolo, 86 anos, escritor e ensaísta en lingua castelá. 9 de xuño, Adam West, 88 anos, actor, intérprete de Batman na televisión, leucemia. 9 de xuño, Francisco Javier García-Verdugo, 82 anos, futbolista.Fallece a 83 años García-Verdugo, jugador y entrenador del Valencia y Dépor 12 de xuño, Charles P. Thacker, 74 anos, físico estadounidense, un dos deseñadores do Xerox Alto. 13 de xuño, Anita Pallenberg, 73 anos, actriz e modelo italiana. 16 de xuño, Helmut Kohl, 87 anos, político alemán, ex-chanceler da RFA e despois da Alemaña unificada, consecuencias dunha operación de cadeira. 16 de xuño, John G. Avildsen, 81 anos, director de cinema estadounidense, cancro de páncreas. 27 de xuño, Michael Nyqvist, 56 anos, actor sueco, cancro de pulmón. 27 de xuño, Michael Bond, 91 anos, escritor inglés, creador do oso Paddington. 28 de xuño, Phil Cohran, 90 anos, músico estadounidense de jazz. 30 de xuño, Simone Veil, 89 anos, política francesa, presidenta do Parlamento Europeo.

Xullo 1 de xullo, Stevie Ryan, 33 anos, actriz e presentadora estadounidense, suicidio aforcada. 3 de xullo, Paolo Villaggio, 84 anos, actor italiano, diabetes. 5 de xullo, Joachim Meisner, 83 anos, arcebispo e cardeal da Igrexa católica. 6 de xullo, Santiago Meléndez, 58 anos, actor español. 8 de xullo, Nelsan Ellis, 39 anos, actor estadounidense, insuficiencia cardíaca.